Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
A saída estará situada no Cantón Grande (Obelisco) e a meta na praza de María Pita.
Un circuíto de 42.195 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A).
O circuíto estará completamente cerrado ao tráfico e acoutado con valos e outros elementos delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo mobiliario urbano.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.
As carreiras terán lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen utilizar ningunha zona peonil que non estea sinalizada. Está prohibido o uso como zona de carreira das beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas etc. O incumprimento desta norma, así como o recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación da persoa infractora.
Poñemos á súa disposición, en formato pdf, o plano do circuíto e descrición do percorrido do Maratón C42 e da carreira popular 10K da C42.
Peche do control de carreira
O peche da proba de Maratón realizarase ás 14:00 horas (5 horas e media despois da súa saída). Así mesmo, establecerase un tempo de 2 horas e 45 minutos para o paso polo Medio Maratón. Pasado o tempo de peche correspondente tanto para o Medio Maratón como para o Maratón, a persoa participante que siga na carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.
O peche da proba da carreira 10K realizarase ás 10:15 (1 hora e media despois da súa saída).
Control técnico das carreiras
As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible