Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Presentación

Benvidos ao Maratón Coruña42

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 15 de abril de 2018, o VII Maratón Atlántica Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, e pertencerá ao calendario nacional da RFEA.

É intención do Concello que a Maratón Coruña42 se consolide en pouco tempo, como referencia nacional polo seu percorrido chairo e rápido, así como pola súa xestión organizativa.

Un atleta popular, tanto de menos de 3 horas como de 5 horas nun maratón, é un deportista habitual que desenvolve uns hábitos de vida saudables. O circuíto de carreiras populares da Coruña pon en forma a un elevado número de cidadáns.

Esta carreira é especialmente adecuada para fomentar o deporte popular por dous motivos fundamentais:

  • Non hai límites de idade para a súa práctica.
  • Pola preparación e adestramento continuos, que esixe o feito de finalizar a proba.

O maratón tende a consolidar corredores permanentes e iso, á súa vez, conduce a que estes teñan necesidade de facer carreiras máis curtas ao longo do ano, coa consecuente promoción das mesmas, nas que á súa vez participan corredores novos que aínda non chegaron ao nivel de preparación, así se vai constituíndo unha verdadeira estrutura de carreiras populares que facilitan a práctica do deporte en toda a sociedade.

É unha oportunidade máis, para educar aos participantes e ao público, na protección do medio ambiente.

Pode actuar como un axente dinamizador da nosa cidade, da cultura, do turismo e a hostalaría.

Obxectivos:

  • Fomentar a práctica saudable do atletismo como deporte aeróbico.
  • Promover o deporte popular entre os coruñeses e coruñesas, captar a participación de corredores amateurs e profesionais.
  • Integrar a cidade no circuíto internacional de maratóns e atraer corredores doutras cidades, o que terá un impacto turístico importante, e proxectará tamén ao exterior a idea de que A Coruña é unha cidade que promove o deporte.
  • Madurar a capacidade organizativa en grandes acontecementos deportivos.
  • Propiciar a creación de contactos con outras cidades, organismos e institucións deportivas nacionais e internacionais.
  • Conseguir obxectivos transversais relacionados con diversos aspectos de educación da cidadanía.
  • Implicar a toda a cidadanía no desenvolvemento do maratón, sendo unha xornada dirixida tamén a espectadores, cunha oferta de actividades lúdicas para que o público anime festivamente aos participantes da proba, e goce ao máximo posible desta cita atlética.
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?