Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Zona do atleta

As persoas corredoras de Maratón Coruña42 e da carreira 10K terán á súa disposición os servizos e as facilidades nesta oitava edición do Maratón Atlántica. Todos estes apoios para superar con éxito a proba comezarán no momento no que a persoa corredora recolla o seu dorsal.

Adestramentos

O Club Hércules Termaria en colaboración co servizo de Deprotes de Concello da Coruña programaron durante os próximos meses unhas datas de adestramentos dirixidos a aqueles corredores e corredoras que están a preparar a C21 e C42/10K, que queiran gozar dun adestramento nesta distancia ou participen en diferentes distancias:

XI Medio Maratón Coruña21 - 17 de febreiro, distancia: 21 km

As datas destes adestramentos son as seguintes:

  • Sábado 12 de xaneiro: adestramento C21, C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 20 de xaneiro: adestramento C21, C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 27 de xaneiro: adestramento C21, C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 3 de febreiro: Maratest. Distancia: 15 km ás 10.45 horas

Domingo 17 de febreiro participación na C21

VIII Maratón Atlántica Coruña42 - 14 de abril, distancias: 42 e 10 km

  • Domingo 3 de marzo: adestramento C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 10 de marzo: adestramento C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 17 de marzo: adestramento C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 31 de marzo: maratest. Dúas distancias: 15 km e 28,5 km ás 09.45 horas

Domingo 14 de abril participación na C42/10K

Para quen están dirixidos os adestramentos?

Para aquelas persoas que están a preparar a C21, C42 ou 10K; para aqueles corredores e corredoras que queiran gozar dun adestramento nesta distancia ou participar en diferentes distancias.

A actividade está aberta a toda a xente interesada, é unha actividade pública.

Recepción das/os participantes

Verémonos na recepción de sport de Termaria Casa da Auga. As persoas que participan deberán estar cambiadas e co material necesario para o desenvolvemento da actividade 10 minutos antes.

Normas técnicas, regulamento

Será obrigatorio o material deportivo, zapatillas e roupa deportiva. A proba desenvólvese co fin de adestramento e goce dela, xa que a actividade require esforzo físico, deberase vir descansado e hidratado.

  • Deberanse respectar as normas e as persoas compañeiras que asistan a ela.
  • Calquera lesión ou circunstancia deberá comunicarse.
  • O abandono da proba deberá ser comunicado.
  • Aqueles/as participantes que soamente queiran realizar distancias menores, poderán participar nos adestramentos comunicándollo á persoa técnica da actividade.
  • Algunha sorpresa ao final do adestramento agárdate.

Ademais, sortearemos uns dorsais para participar en C21 e C42 entre as/os asistentes, coa seguinte normativa:

  1. Os dorsais da C21 sortearanse o día 30 de xaneiro entre aquelas persoas que polo menos participasen en 2 dos 3 adestramentos programados ata esa data.
  2. Os dorsais da C42 sortearanse o 27 de marzo entre aquelas persoas que polo menos participasen en 4 adestramentos dos 8 programados ata esa data.

É necesario que todas as persoas participantes se inscribisen antes do adestramento na seguinte ligazón:

Inscrición ao evento

Podes consultar máis información en

Club Hércules Termaria - Adestramentos

Dorsais

A entrega de dorsais e chip realizarase os seguintes días e proximamente indicarase o lugar de recollida:

  • Venres día 12 de 17.00 a 21.30 horas
  • Sábado día 13 de 10.00 a 21.30 horas

Tamén se poderán recoller os dorsais o propio día da carreira na zona de meta na praza de María Pita, desde as 07:00 horas. Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.

Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as persoas corredoras finisher poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.

Avituallamentos persoais

Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á organización ata unha hora antes da saída, debidamente cerrado e marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo.

En caso de que a persona participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización. Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.

Cumpre o regulamento. Sorte na túa carreira!

Servizos de W.C.

Poderás atopar WC na zona de meta, de saída e nos puntos de avituallamento, que poderás localizar no plano.

Clasificacións

Realizaranse as seguintes clasificacións no Maratón A Coruña 42:

  • Clasificación xeral absoluta.
  • Clasificación por categorías masculina e feminina.

Poderán consultarse unha vez que acaba a proba nas seguintes webs:

Tamén podes acceder ás clasificacións a través do código QR do teu dorsal.

E vive a túa chegada en vídeo, a través dos resultados publicados en www.carreirasgalegas.com

Entrega de trofeos

As entregas de premios realizaranse na praza de María Pita nos seguintes horarios:

  • Carreira 10K, realizarase ás 11:30 h.
  • Campionato de Galicia e Carreira Popular do Maratón Atlántica Coruña42, ás 14.00 horas.

Diploma

Podes descargar e imprimir o teu diploma de finisher de C42 e da carreira popular 10k en www.carreirasgalegas.com

Sinalética

Todos os puntos quilométricos estarán sinalizados.

Outros servizos

A organización poñerá a disposición das persoas participantes avituallamento de meta, gardarroupa e duchas.

Tamén haberá a disposición dos/as corredores/as baños portátiles na zona de saída e meta, e noutros puntos do circuíto.

Outros servizos complementarios serán o vídeo da chegada á meta, o diploma e a medalla de finisher.

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?