Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira Popular Matogrande

III Carreira Matogrande

Cartel III Carreira Popular Matogrande

Clasificacións

Inscricións

A data límite de recepción de inscricións será o MÉRCORES 10 de XANEIRO de 2018, ás 24:00 horas.

As inscricións faranse a través da seguinte ligazón: www.championchipnorte.com

Presencialmente na oficina de viaxes El Corte Inglés en Avda. de Rubine, nº 3-5, 15004. A Coruña. Teléfono 981 141 953, en horario de 9.30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Horarios de saídas e distancias

categoría hora distancia
Absoluta 10:30 6.625 m aprox.
SUB 18 11:35 2.535 m aprox.
SUB 18 11:35 2.535 m aprox.
SUB 14 feminino 11:50 1.495 m aprox.
SUB 14 masculino 11:50 1.495 m aprox.
SUB 12 feminino* 12:05 730 m aprox.
SUB 12 masculino* 12:15 730 m aprox.
SUB 10 feminino* 12:25 730 m aprox.
SUB 10 masculino* 12:35 730 m aprox.
Prebenxamín* 12:45 120 m aprox.

* Estes horarios son orientativos, poden sufrir modificacións en función do número de participantes.

Lugar e recollida de dorsais

Colexio Liceo La Paz, acceso pola rúa Sebastián Martínez Risco:

  • Sábado 13 de xaneiro: de 11:00 a 20:30 h
  • Domingo 14 de xaneiro: ata 1 h antes do inicio de cada carreira

Lugar de saída e meta

  • Rúa Sebastián Martínez Risco (Centro Liceo La Paz)

Peche de control da proba absoluta

  • Peche de control: 11:30 h

Servizo de duchas

  • No Colexio Liceo La Paz o día da carreira, de 9:30 a 13:00 horas

Uso e devolución do chip

O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora.

  • Chip amarelo de propietarios (non se devolve)
  • Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
  • Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve)

Avituallamento de meta

  • Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

Colocación pública das clasificacións

  • Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

Entrega de premios

  • Horario: 13:00 horas
  • Lugar: Palco situado na zona de saída/meta. Colexio Liceo La Paz
  • Os/as atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu inicio, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium as/os atletas premiadas/os.
  • Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
  • aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes.

Medios de contacto

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. 25036 - 25025)
50 aniversario Colexio Liceo La Paz
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?