Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Inscrición

Calendario e inscricións

Calendario 2018 / 2019

Conforme á circular 102/2018 da Secretaría Xeral da RFEA, na Asemblea Xeral da Real Federación Española de Atletismo, realizada en Madrid, o pasado 8 de abril de 2018, aprobouse a modificación do inicio e finalización das tempadas, para que coincidan co ano natural, de acordo co seguinte calendario:

  • Tempada 2018/2019: do 1 de novembro de 2018 ao 31 de decembro de 2019
  • Tempada 2020: do 1 de xaneiro de 2020 ao 31 de decembro de 2020

É por este motivo, que o Circuíto de Carreiras Populares 2018/2019, con carácter excepcional pasará a ter un total de 10 carreiras nesta edición, para o que foi imprescindible adecuar as datas das diferentes carreiras que nel se integran.

Núm. DATA PROBA DISTANCIA
1 25/11/2018 VIII Carreira Popular Novo Mesoiro 5.535 m
2 16/12/2018 VII Carreira Popular Os Rosales 6.465 m
3 13/01/2019 IV Carreira Popular Matogrande 6.625 m
4 23/03/2019 IX Carreira Popular Torre de Hércules 6.590 m
5 02/06/2019 XII Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma 6.725 m
6 08/09/2019 VIII Carreira Popular Volta a Oza 6.250 m
7 20/10/2019 VII Carreira Popular Ventorrillo 5.585 m
8 03/11/2019 IX Carreira Popular Novo Mesoiro 5.535 m
9 24/11/2019 VIII Carreira Popular Os Rosales 6.465 m

A organización do Circuíto resérvase o dereito para aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen que exista dereito a reclamar ningunha compensación, parcial nin total, por parte das persoas inscritas, salvo que a suspensión afecte a máis do 50% do total de probas que integran o circuíto.

INSCRICIÓNS, PARTICIPACIÓN E CHIP. INSCRICIÓN EN LIÑA

  • Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición efectuarase a través da web de Chamionchip Norte:

  • Todas as persoas menores de idade non federadas deberanse inscribir co consentimento expreso do pai/nai e/ou titor/a. No suposto das menores de idade federadas enténdese que a ficha federada implica este consentimento.

  • O prazo para inscribirse no circuíto comezará desde a data de publicación das presentes bases na web municipal, e terminará o día que finalice o prazo de inscrición para a CUARTA carreira do Circuíto.

  • Todas as persoas participantes con ou sen chip deberanse inscribir en cada carreira para figurar na lista de participantes e contribuír á seguridade e organización da carreira. É obrigatorio o chip para os casos de querer puntuar no circuíto, obter o tempo da carreira e a clasificación.

  • A inscrición dará dereito a un dorsal, cuxa normativa se especifica no punto 5 destas bases.

  • O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello.

  • A perda do chip obrigará á adquisición doutro novo se se quere beneficiar do servizo de cronometraxe. Todo iso, sen dereito a bonificación.

  • Para as persoas non propietarias os chips serán desbotables e irán pegados ao dorsal.

  • Para ter acceso ao sistema de cronometraxe e clasificacións é imprescindible o uso do chip.

  • As persoas participantes no circuíto, que non se inscriban en cada carreira, non figurarán na lista de participantes da carreira, nin figurarán os seus tempos e clasificacións.

    Para as categorías Sub 20, Sub 23, Sénior, Máster1, Máster 2, Máster 3 e Máster 4

  • A inscrición realizarase en cada unha das proba a través da web.

    A cota de inscrición para participar será:

  • Para participar no circuíto: será de 10 €.
  • Para persoas en situación de desemprego, maiores de 65 e posuidores do Carné Xove: será de 7 euros.

  • Para as persoas participantes que opten por inscribirse individualmente nunha das carreiras: 2,00 € fóra de: paradas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove que será de 1,00 €. En ambos os casos sen dereito a chip; salvo que: paguen á parte o seu alugueiro ou compra, ou sexan propietarias.

  • Chip: É obrigatorio dispoñer de chip para acceder ao sistema de cronometraxe e figurar nas clasificacións, e poderase elixir entre as opcións de compra ou alugueiro do chip segundo se describe nas cláusulas seguintes.

    a) Comprar o chip: as persoas participantes que se inscriban ao Circuíto de Carreiras, poderán adquirir o chip por un importe de 12,00 €.

  • Unha vez finalizado o circuíto, as persoas propietarias que compren o chip para o Circuíto Coruña Corre e que o devolvan recibirán un aboamento de 6,00 €, no mesmo número de conta desde o que se efectuou o ingreso.

  • O prazo para a devolución de chips e recepción do aboamento finalizará dúas semanas despois da realización da última carreira do circuíto.

  • Para as que non se inscriban no circuíto, o prezo do chip será o prezo establecido polo provedor de 20,00 €.

    b) Comprar chip desbotable (de uso exclusivo para cada unha das carreiras. Non é necesaria a fianza):

  • As persoas participantes que non queiran comprar o chip para todo o circuíto poderán adquirilo para cada unha das carreiras que integran o circuíto, ao prezo de 2,00 €, No caso de que o/a atleta sexa maior de 65 anos, beneficiario/a do carné xove ou estea en situación de desemprego o prezo do alugueiro será de 1,00 €.

    Para as categorías Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10 e Pre-benxamín a inscrición no circuíto será gratuíta.

  • Chips e dorsal: para contribuír á seguridade e organización da carreira é obrigatorio recoller o dorsal; e no suposto de que optase por gozar do servizo de cronometraxe tamén deberá recoller o chip. (ver 4.4)

  • Para os pre-benxamíns haberá clasificación xeral non puntuable. O comité organizador resérvase o dereito de limitar estas inscricións se as razóns organizativas e de seguridade o requirisen.
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?