Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Premios

Premios

Trofeos II Circuíto Coruña Corre

Premios para cada carreira.

Os/as tres primeiros clasificados das categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18, Sub 20, Sub 23, sénior e veteranos 1, 2, 3 e 4, na carreira, recibirán un trofeo no podium de persoas premiadas.

Na categoría prebenxamín recibirán unha medalla de participación todas as persoas corredoras ao chegar á meta.

Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

Os/as atletas premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o inicio dela, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.

Exclusivamente poderán subir ao podium as persoas atletas premiadas.

Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.

Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, poderán perder o dereito a recollelo.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada deberán poñerse en contacto coa Secretaría Técnica o mesmo día da carreira para acordar a entrega posterior do premio.

Premios para o circuíto

Con independencia dos trofeos e premios que cada organizador estableza para cada unha das probas integrantes do Circuíto, realizarase unha Gala Final de entrega de Premios do Circuíto, na que se entregarán os premios correspondentes, e cantos obsequios correspondan, para iso fixarase unha data e lugar, do que se informará a través da web www.coruna.gal/carreraspopulares

Trofeos na gala

Entregaránselles trofeos aos tres primeiros/as premiados/as das categorías: Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18, Sub 20, Sub 23, senior, veteranos 1, 2, 3 e 4

Equipos Mixtos: 1º, 2º e 3º - Trofeo

Categoría Familiar: 1º, 2º e 3º - Trofeo

Persoas con Discapacidade: 1º, 2º e 3º - Trofeo

Premios especiais na gala: a organización poderá designar tantos premios especiais como considere, para ser entregados na gala. Para iso poñerase en contacto coas persoas destinatarias dos devanditos premios con antelación.

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?