Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Presentación

Presentación

O IV Circuíto de Carreiras Populares de barrio "Coruña Corre" garante o fomento de calidade da práctica deportiva abrindo diversas liñas de acción entendidas desde distintas perspectivas como útiles, pedagóxicas, responsables ou saudables para a cidadanía.

Na elaboración deste circuíto, por unha banda, obsérvase a repercusión social, cultural, lúdica e humana da actividade deportiva, así como a súa incidencia en todo tipo de axentes. Por outro, a propia xestión municipal proponse establecer unha interacción tanto con xestores deportivos especializados como co tecido veciñal, a imprescindible colaboración, en réxime de participación, dos barrios.

As carreiras contribúen a unha descentralización da actividade, implican un maior coñecemento dos diversos espazos e zonas da cidade, axudan a explorar no coñecemento, na identidade e memoria dos barrios, xerando un modelo de cooperación.

A convivencia entre a actividade lúdica e o deporte de alto rendemento pasa a ser unha elección. O Circuíto é unha competición na que as persoas participantes, xa sexa de modo individual ou por equipos, suman puntos nas probas, o que deriva nunha clasificación proba a proba e outra final que se define no presente regulamento, pero tamén moito máis.

O Circuíto é fundamentalmente divertimento, integración, saúde, punto de encontro e entendemento, sociabilidade, un lugar en definitiva propiedade da cidadanía.

Volver a menú

Premios

Trofeos II circuíto Coruña Corre.

Os atletas premiados deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o inicio da mesma, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito a recollelo.

Agradecemos aos responsables dos clubs que teñan constancia de que o atleta non está presente, o comunique na zona de premios, para evitar esperas innecesarias.

Exclusivamente poderá subir ao podium os atletas premiados.

Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Medios de contacto:

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Por email á seguinte dirección: carreraspopulares@coruna.es

Con independencia dos trofeos e premios que cada organizador estableza para cada unha das probas integrantes do Circuíto, celebrarase unha Gala Final de entrega de Premios do Circuíto, na cal se fará entrega dos premios individuais, equipos e cantos obsequios correspondan.

Trofeos

  • Entregarase trofeos aos tres primeiros/as premiados/as das categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, sénior, veteranos 1, 2, 3 e 4.
  • Discapacitados/as: 1º, 2º e 3º - Trofeo.
  • Categoría familiar: 1º, 2º e 3º - Trofeo.
  • Obsequio aos atletas con maior número de probas finalizadas en cada unha das categorías.

Premio especial

• A organización poderá designar tantos premios especiais como considere, para ser entregados na gala. Para iso porase en contacto cos destinatarios dos devanditos premios con antelación.

Volver a menú

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?