Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira popular Os Rosales

Carreira Os Rosales

Cartel oficial Carreira Popular Os Rosales

RESULTADOS

INSCRICIÓNS:

Data límite será o mércores 30 de novembro ás 24.00 horas.

As inscricións faranse online en www.championchipnorte.com e presencialmente, na oficina de Viajes El Corte Inglés en Avda. de Rubine, núm. 3 -5. 15004 A Coruña. Tel.: 981 261 020, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

 

Horarios de saídas e distancias

categoría hora distancia
Absoluta 10.30 6.465 m aprox.
Xuvenil 11.35 2.490 m aprox.
Cadete 11.35 2.490 m aprox.
Infantil feminino 11.50 1.245 m aprox.
Infantil masculino 11.50 1.245 m aprox.
Alevín feminino 12.05 620 m aprox.
Alevín masculino 12.20 620 m aprox.
Benxamín feminino 12.35 620 m aprox.
Benxamín masculino 12.50 620 m aprox.
Prebenxamín 13.00 155 m aprox.

Estes horarios son orientativos e poden sufrir modificacións en función do número de participantes.

Lugar e recollida de dorsais

  • Sábado 3 de decembro, Polideportivo Municipal dos Rosales: de 11.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h.
  • Domingo 4 de decembro: Polideportivo Municipal dos Rosales ata 1 h antes do inicio de cada carreira.

Lugar de saída e meta

  • Rúa Manuel Azaña

Peche de control da proba absoluta

  • Peche de control: 11.30 h

Servizo de duchas

  • Polideportivo Municipal dos Rosales

Uso e devolución do chip

O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora.

  • Chip amarelo de propietarios/as (non se devolve)
  • Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
  • Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve)

Avituallamento de meta:

  • Para todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

Colocación pública das clasificacións

  • Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

Entrega de premios

  • Horario: 13.00 horas
  • Lugar: Praza Elíptica dos Rosales
  • Os/as atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu inicio, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium os/as atletas premiados/as.
  • Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes.

Medios de contacto:

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
  • Por correo ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. 25036 - 25025)
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?