Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira Popular Ventorrillo

Carreira popular Ventorrillo

cartel oficial da carreira

Inscricións

A data límite de recepción de inscricións será o MÉRCORES 20 de setembro, ás 23:30 h.

En liña: As inscricións en liña faranse a través de www.championchipnorte.com

Presencial: Na oficina de Viajes El Corte Inglés en Avda. de Rubine, nº 3 -5. 15004 A Coruña. Tel. 981261020, en horario de 9.30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Horario de saídas e distancias

Categoría Hora Distancia
Absoluta 10:30 h. 5.585 m. aprox.
Xuvenil 11:30 h. 2.050 m. aprox.
Cadete 11:30 h. 2.050 m. aprox.
Infantil 11:45 h. 1.325 m. aprox.
Alevín 12:00 h. 725 m. aprox.
Benxamín 12:00 h. 725 m. aprox.
Prebenxamín 12:10 h. 100 m. aprox.

Lugar e recollida de dorsais

  • SÁBADO 23 de setembro na Asociación de Veciños do Ventorrillo - r/ Alcalde Salorio Suárez 26, baixo, de 11:00 a 13:30 h. e de 17:00 a 20:30 h.
  • DOMINGO 24 de setembro, na Asociación de Veciños do Ventorrillo - r/ Alcalde Salorio Suárez 26, baixo, desde as 9:00 ata antes da saída de cada carreira.

Todas as persoas atletas deberanse inscribir para esta carreira independentemente de que figuren como participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto os/as propietarios, aos/ás que soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira.

Servizo de gardarroupa

Polideportivo Municipal de Ventorrillo de 09:30 a 13:30 h.

Lugar de saída e meta

  • R/ Alcalde Jaime Hervada na intersección coa rúa Alcalde Salorio Suárez

Peche de control da proba absoluta

  • Ás 11:30 horas

Servizo de duchas

  • Polideportivo Municipal do Ventorrillo (r/ Alcalde PeñaMaría de Llano)

Uso e devolución do chip

  • O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello.
  • As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas que se anoten á totalidade desde un principio. As persoas que participen en todas as probas, pero anotadas individualmente en cada unha non serán parte dese evento.
  • Moi importante: lembrámoslles ás persoas non propietarias de chip a obrigatoriedade de devolver o chip unha vez superada a meta, nos puntos de recollida que se establecen en cada carreira. En caso de esquecemento involuntario, consultar a calquera membro da organización para a súa devolución, ou ben, contactar co Servizo Municipal de Deportes.

Avituallamento en meta

  • Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

Colocación pública das clasificacións

  • Anunciaranse por megafonía, a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

Horario de entrega de premios

  • Horario: 12:15 horas
  • Lugar: na zona de saída/meta ou no Polideportivo Municipal do Ventorrillo en caso de choiva.
  • Ademais das medallas aos 3 primeiros clasificados/as en cada unha das categorías e a entrega de medalla a todas as persoas participantes nas categorías benxamín, alevín e pitufos na chegada a meta, realizarase a entrega de trofeo ao participante masculino e feminino de maior idade.

A continuación pode descargar o anexo ao regulamento completo e os planos dos circuítos das carreiras

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?