Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira Novo Mesoiro

Carreira Novo Mesoiro

Cartel oficial carreira Novo Mesoiro

Resultados

Absoluta (1999 e ant.)

Xuvenil (2000/2001) - Cadete (2002/2003)

Infantil (2004/2005)

Alevín feminina (2006/2007)

Alevín masculino (2006/2007)

Benxamín feminina (2008/2009)

Benxamín masculino (2008/2009)

Horarios de saídas e distancias

categoría hora distancia
Absoluta 10:30 5.535 m aprox.
Xuvenil 11:35 2.325 m aprox.
Cadete 11:35 2.325 m aprox.
Infantil Feminina 11:50 1.600 m aprox.
Infantil Masculino 11:50 1.600 m aprox.
Alevín Feminina* 12:05 800 m aprox
Alevín Masculino* 12:20 800 m aprox.
Benxamín Feminina* 12:35 800 m aprox.
Benxamín Masculino* 12:50 800 m aprox.
Prebenxamín* 13:00 150 m aprox.
* Horarios orientativos en función da participación

INSCRICIÓNS

A data límite de recepción de inscricións será o MÉRCORES 2 de NOVEMBRO, ás 24.00 horas.

As inscricións faranse a través da seguinte ligazón www.championchipnorte.com

Presencialmente na oficina de Viajes El Corte Inglés da Casa en Avda. de Rubine, núm. 3-5, 15004 A Coruña. Teléfono 981 161 020, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Lugar e recollida de dorsais

  • Sábado 5 de novembro no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro: de 11.00 a 13.30 h e de 16.30 a 21.00 h.
  • Domingo 6 de novembro: no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro ata 1 h antes do inicio de cada carreira.

Lugar de saída e meta

Rúa Ancares s/n (Á altura do Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro)

Peche de control da proba absoluta

Ás 11.30 horas

Servizo de duchas

Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro

Servizo de gardarroupa

Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro en horarario de 9.30 a 13.30 h.

Uso e devolución do chip

  • O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas, cunha nocelleira á altura do nocello ou pegado ao dorsal, segundo o tipo de chip que utilice o/a corredor/a:

    1. Chip amarelo de propietarios/as (non se devolve)

    2. Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do Circuíto)

    3. Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (Non se devolve)

Avituallamento de meta

Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

Colocación pública das clasificacións

Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

Entrega de premios

  • Horario: 13.15 horas
  • Lugar: Palco situado na zona de saída/meta ou Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro (en caso de mal tempo).
  • Os/as atletas premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu inicio, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium os/as atletas premiados/as.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Medios de contacto

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 189 800 (Ext. 25025 - 25038)
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?