Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira Popular Volta a Oza

Carreira popular Oza

Cartel oficial da carreira

Inscricións

  • A través da web www.championchipnorte.com e presencialmente, na oficina de Viajes El Corte Inglés en Avda. de Rubine, nº 3 -5. 15004 A Coruña. Tel. 981 261 020, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Data de finalización de inscricións

Mércores 6 de setembro as 23.45 h

Data da carreira

Domingo 10 de setembro

Horarios de saída

categoría hora distancia
Absoluta 10:00 h 6.250 m aprox.
Xuvenil 11:15 h 2.430 m aprox.
Cadete 11:15 h 2.430 m aprox
Infantil 11:30 h 1.620 m. aprox.
Alevín 11:45 h 810 m aprox.
Benxamín 11:55 h 810 m aprox.
Pitufos 12:00 h 150 m aprox.

*Horarios orientativos en función da participación.

Lugar e recollida de dorsais

  • SÁBADO día 9 de setembro no Complexo Deportivo Municipal de San Diego: de 11.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h.
  • DOMINGO 10 de setembro no Complexo Deportivo Municipal de San Diego: desde as 09.00 horas ata 1 hora antes do inicio de cada carreira.

Servizo de gardarroupa

Complexo Deportivo Municipal de San Diego de 09.30 a 13.30 h

Lugar de saída e meta

Parque de San Diego

Peche de control da proba absoluta

Ás 11.15 h

Servizo de duchas

Complexo Deportivo Municipal de San Diego de 13.30 a 14.00 h

Uso e devolución do chip

  • O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello.
  • As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas que se anoten á totalidade desde un principio.
  • As persoas que participen en todas as probas, pero anotadas individualmente en cada unha, non serán parte dese evento.
  • Moi importante: lembrámoslles ás persoas non propietarias de chip a obrigatoriedade de devolver o chip unha vez superada a meta, nos puntos de recollida que se establecen en cada carreira. En caso de esquecemento involuntario, consultar a calquera membro da organización para a súa devolución, ou ben contactar co Servizo Municipal de Deportes.

Avituallamento de meta

Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

Colocación pública das clasificacións

Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

Horario de entrega de premios

  • Horario: 12.15 horas
  • Lugar: na zona de saída/meta
  • Os/as atletas premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu inicio, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega perderán o dereito para recollelo.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Medios de contacto

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. 25036 - 25025)
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?