Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira Novo Mesoiro

Carreira Novo Mesoiro

Cartel oficial carreira Novo Mesoiro

INSCRICIÓNS

  • A data límite de recepción de inscricións será o mércores 21 de novembro, ás 23.30 h.

En liña: a través de www.championchipnorte.com 

HORARIOS DE SAÍDAS E DISTANCIAS

categoría hora distancia
Absoluta 10:30 5.535 m aprox.
Sub 18 11:35 2.325 m aprox.
Sub 16 11:35 2.325 m aprox.
Sub 14 Feminino 11:50 1.600 m aprox.
Sub 14 Masculino 11:50 1.600 m aprox.
Sub 12 Feminino* 12:05 800 m aprox
Sub 12 Masculino* 12:15 800 m aprox.
Sub 10 Feminino* 12:25 800 m aprox.
Sub 10 Masculino* 12:35 800 m aprox.
Prebenxamín* 12:45 150 m aprox.
* Horarios orientativos en función da participación

RECOLLIDA DE DORSAIS

  • Sábado 24 de 11:00 a 20:30 h
  • Domingo 25, desde as 9:00 ata ½ hora antes da saída de cada carreira
  • Lugar de entrega: Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro

Todas/os as/os atletas deberán inscribirse para esta carreira independentemente de que figuren como participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto as persoas propietarias, ás que soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira.

SERVIZO DE GARDARROUPA

Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro de 09:30 a 13:30 h

LUGAR DE SAÍDA E META

Rúa Ancares s/n (á altura do Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro)

PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA

  • Ás 11:30 horas

SERVIZO DE DUCHAS

  • Polideportivo Municipal Novo Mesoiro

USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP

O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas, cunha nocelleira á altura do nocello ou pegado ao dorsal, segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora:

  • Chip amarelo de propietarios/as (non se devolve)
  • Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
  • Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve)

AVITUALLAMENTO DE META

  • Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS

  • Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

HORARIO DE ENTREGA DE PREMIOS

  • Horario: 13.10 horas
  • Lugar: na zona de saída/meta
  • As/os atletas premiadas/os deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito a recollelo.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium as/os atletas premiadas/os.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Medios de contacto:

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. 25036 - 25025)
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?