Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira Popular Torre de Hércules

Carreira Popular Torre de Hércules

Cartel oficial da carreira

Clasificación

Data da carreira

Sábado 31 de marzo de 2018

Horarios de saídas e distancias

categoría hora distancia
Pre-Benxamín 17:15 150 m aprox
Benxamín Feminino 17:30 800 m aprox
Benxamín Masculino 17:40 800 m aprox.
Alevín Feminino 17:55 800 m aprox.
Alevín Masculino 18:10 800 m aprox.
Infantil Masculino 18:25 1.600 m aprox.
Infantil Feminino 18:40 1.600 m aprox.
Cadete Fem. e Masc. 19:00 2.300 m aprox.
Xuvenil Fem. e Masc. 19:20 2.300 m aprox.
Absoluta 21:15 6.590 m aprox.
*Horarios orientativos en función da participación

Inscricións

  • A data límite de recepción de inscricións será o LUNS 26 de marzo, ás 23:59 horas.
  • As inscricións faranse a través de www.championchipnorte.com.

Lugar e recollida de dorsais

  • Cidade Deportiva da Torre (Frontón)
  • Sabado 31 de marzo desde as 10:00 h ata 1 hora antes do comezo de cada unha das carreiras.
  • Todas as persoas atletas deberán inscribirse para esta carreira independentemente de que figuren como participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto as propietarias, ás que soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira.

Lugar de saída e meta

Explanada Torre de Hércules

Peche de control da proba absoluta

Ás 22:15 horas

Servizo de duchas

Cidade Deportiva da Torre

Servizo de gardarroupa

No Frontón da Cidade Deportiva da Torre en horario de 20:00 a 22:30 horas

Uso e devolución do chip

  • O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora. Chip amarelo de persoas propietarias (non se devolve)
  • Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
  • Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve)

Avituallamento de meta

Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

Colocación pública das clasificacións

Anunciaranse por megafonía, a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas participantes que se anotaron ao circuíto ata a realización da Carreira de Matogrande. As que participen en todas as carreiras, pero que se inscribiron individualmente a cada unha delas, non formarán parte da clasificación do circuíto.

Entrega de premios

  • Categorías inferiores: 19:40 horas (categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil)
  • Carreira absoluta: 22:30 horas.
  • Lugar: Frontón da Cidade Deportiva da Torre. Entregarase o Trofeo Varela Calviño aos vencedores absolutos, primeiro home e primeira muller da carreira absoluta.
  • Os/as atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium os/as atletas premiados/as.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Medios de contacto:

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. 25025 - 25038)
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?