Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma

Carreira Cros Baixada San Pedro

cartel oficial coa información da carreira

RESULTADOS

Inscricións

  • A data límite de recepción de inscricións será o MÉRCORES 28 de xuño, ás 24.00 h.
  • As inscricións realizaranse en liña en www.championchipnorte.com e presencialmente, na oficina de Viajes El Corte Inglés en Avda. de Rubine, nº 3 -5. 15004 A Coruña. Telf. 981 261 020, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Horarios de saídas e distancias

categoría hora distancia
ABSOLUTA 10:30 6.490 m aprox.
XUVENIL 11:35 2.300 m apox.
CADETE 11:35 2.300 m aprox.
INFANTIL 11:50 1.600 m aprox
ALEVÍN 12:05 800 m aprox.
BENXAMÍN 12:35 800 m aprox
PREBENXAMÍN 12:50 150 m

Lugar e recollida de dorsais

  • SÁBADO 1 de xullo no Centro Cívico de San Pedro de Visma: de 11.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h.
  • DOMINGO 2 de xullo, nas zonas habilitadas para o efecto no lugar de saída, ata 1 hora antes do inicio de cada carreira.

Lugar de saída e meta

Igrexa de San Pedro de Visma (centro cívico)

Servizo de gardarroupa

Centro Cívico San Pedro de Visma de 09.30 a 13.30 h.

Peche de control da proba absoluta

Ás 11.25 horas

Servizo de duchas

Horario de 11.00 a 14.00 h

Uso e devolución do chip

  • O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello.
  • As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas que se anoten á totalidade desde un principio.
  • As persoas que participen en todas as probas, pero anotadas individualmente en cada unha non serán parte dese evento.
  • Moi importante: lembrámoslles ás persoas non propietarias de chip a obrigatoriedade de devolver o chip unha vez superada a meta, nos puntos de recollida que se establecen en cada carreira. En caso de esquecemento involuntario, consultar a calquera membro da organización para a súa devolución, ou ben, contactar co Servizo Municipal de Deportes.

Avituallamento de meta

Proporcionaráselles auga a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

Colocación pública das clasificacións

Anunciarase por megafonía, a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

Horario entrega de premios

  • Horario: 13.00 horas
  • Lugar: Centro Cívico San Pedro de Vista
  • As persoas atletas premiadas deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Con carácter xeral, as persoas atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega perderán o dereito para recollelo.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium os/as atletas premiados/as.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Medios de contacto

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
  • Por correo ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 189 800 (Ext. 25036 - 25025)
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?