Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma

Comunicado sobre a incidencia na XI Baixada Popular Cros San Pedro de Visma

Debido á incidencia producida polo erro no número de voltas para percorrer polas persoas participantes nas categorías Sub16 e Sub18, o pasado domingo 1 de xullo, durante a realización da Carreira Popular "Baixada San Pedro de Visma", e á vista da resolución do Comité Galego de Xuíces, as reclamacións recibidas e valoradas as posibles opcións, l Comité Organizador resolveu o seguinte:

1º. Publicar os resultados da carreira sobre a distancia efectivamente realizada polas persoas corredoras que tomaron a saída, cos seus respectivos tempos de chegada á meta. (consultar ligazón web a resultados)

2º. O podio queda conformado da seguinte maneira:

SUB16 MASCULINA 

PtoCat

Dorsal

Nome

Club

Localidade

1

834

YAGO IGNACIO GARCÍA SAINZ

SANTIAGO

1

832

BRUNO SALIDO JOVE

CLUB ATLETISMO SADA

OLEIROS

1

830

TOMÁS LÓPEZ VIZCAÍNO

CLUB ATLETISMO SADA

OLEIROS

1

831

JAVIER GALÁN

SUB16  FEMININA

PtoCat

Dorsal

Nome

Club

Localidade

1

875

ANDREA LÓPEZ LÓPEZ

CLUB NATACIÓN CEDEIRA

CEDEIRA

1

876

LUCIA VÁZQUEZ HERMIDA

MARINEDA ATLÉTICO

A CORUNA

1

872

LUCÍA ACEBRAS SUÁREZ

4

871

MARÍA FERNÁNDEZ BOUZA

ATLETISMO RIAZOR CORUÑA

CORUÑA

SUB18  MASCULINA

PtoCat

Dorsal

Nome

Club

Localidade

1

833

DAVID FERNÁNDEZ ARGUL

CLUB MARINEDA ATLÉTICO

A CORUÑA

SUB18  FEMININA

PtoCat

Dorsal

Nome

Club

Localidade

1

874

SARA PRIETO LÓPEZ

CLUB MARINEDA ATLÉTICO

A CORUÑA

2

877

LUCÍA LÓPEZ FERNÁNDEZ

A CORUÑA

3º. Para os efectos de puntuación no Circuíto Coruña Corre, asignaráselles a puntuación correspondente segundo a orde establecida no podio a todas as persoas corredoras que figuran na clasificación do podio.

Desde a organización pedímoslles desculpas polo erro cometido.

Un saúdo,

O comité organizador

Carreira Cros Baixada San Pedro

cartel oficial coa información da carreira

RESULTADOS

Persoas adultas

SUB16 e SUB18

SUB14

SUB12

SUB10

INSCRICIÓNS

A data límite será o mércores 27 de xuño ás 24:00 horas.

As inscricións realizaranse en liña en www.coruna.es/carreraspopulares e presencialmente, cubrindo a folla de inscrición e aboando a correspondente cota, no Departamento de Deportes de El Corte Inglés.

  • Departamento de Deportes (7ª planta) de El Corte Inglés de Ramón y Cajal, 57 e 59. A Coruña
  • Departamento de Deportes (2ª planta) de El Corte Inglés de Marineda City (Estrada Baños de Arteixo s/n. Polígono da Grela).

CATEGORÍA

HORA

DISTANCIA

ABSOLUTA

10:30

6.725 m aprox.

SUB 18

11:35

2.605 m aprox.

SUB 16

11:35

2.605 m aprox.

SUB 14

11:50

1.365 m aprox.

SUB 12

12:05

800 m aprox.

SUB 10

12:35

800 m aprox.

PREBENXAMÍN*

12:50

125 m aprox.

*Horarios orientativos en función da participación

LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS

  • Sábado 30 de xuño: Centro Cívico San Pedro de Visma de 11:00 a 20:30 h
  • Domingo 1 de xullo: Centro Cívico San Pedro de Visma, ata 1 h antes do inicio de cada carreira

LUGAR DE SAÍDA E META CARREIRA ABSOLUTA

  • Saída: aparcadoiro do Parque Adolfo Suárez (zona lateral da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos)
  • Meta: rúa San Pedro de Visma, intersección coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico

LUGAR DE SAÍDA E META CARREIRAS DE MENORES

  • Saída e meta: rúa San Pedro de Visma, intersección coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico

SERVIZO DE GARDARROUPA

O día da carreira, de 9:30 a 13:00 horas no Centro Cívico San Pedro de Visma

PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA

Ás 11:25 horas

SERVIZO DE DUCHAS

Campos de fútbol de San Pedro de Visma. Horario: de 11:00 a 14:00 h

USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP

O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora.

  1. Chip amarelo de persoas propietarias (non se devolve)
  2. Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
  3. Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve)

AVITUALLAMENTO DE META

Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS

Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

ENTREGA DE PREMIOS

Horario e lugar: ás 13:00 horas no Palco situado no Centro Cívico San Pedro de Visma

  • As persoas atletas premiadas deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o comezo dela, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium os/as atletas premiados/as.
  • Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

MEDIOS DE CONTACTO

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. -25025 - 25038)

Web: www.coruna.es/carreraspopulares

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?