Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2017

A VI edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre comezará no mes de novembro

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participará esta tarde no centro Ágora na gala da quinta edición, na que se entregarán os trofeos ás e aos atletas gañadores

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe o edil José Manuel Sande, abrirá esta semana o prazo de inscrición para participar na sexta edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. Baixo o lema Nacida para correr, a serie de sete probas, que comezará o próximo 5 de novembro, percorrerá distintos barrios da cidade e manterá os prezos de inscrición e bonificacións para distintos colectivos do ano pasado, co obxectivo de facilitar a participación entre públicos de todas as idades. Así, a primeira carreira terá lugar o próximo 5 de novembro no barrio de Novo Mesoiro, e a serie continuará o 3 de decembro nos Rosales. A primeira proba de 2018 terá lugar o día 14 de xaneiro en Matogrande, e xa en marzo o sábado día 31, terá lugar a nocturna da Torre de Hércules. O circuíto volverá no mes de xullo, coa Cross San Pedro de Visma o día 1, e pechará a sexta edición coas probas de Oza, o 9 de setembro, e do Ventorrillo, que terá lugar o 23 de setembro.

O prazo para solicitar a participación no Coruña Corre poderá facerse desde a apertura das inscricións para a carreira de Novo Mesoiro e ata a data de peche das solicitudes da terceira proba, a de Matogrande. A este respecto, o Concello manterá os prezos das dúas últimas edicións: 10€ para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para menores de idade e 7€ para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove. Este colectivo tamén obterá descontos na cota de inscrición para cada unha das distintas carreiras, que será 1€, mentres que o prezo para as e os demais corredores que non estean inscritos no circuíto será 2€ (agás as e os menores de idade).

Para participar nas carreiras e obter un dorsal será necesario inscribirse en cada unha das probas. O que non será necesario para correr no Circuíto, pero si para puntuar no sistema de cronometraxe e figurar nas clasificacións, será o uso do chip. As e os corredores que non dispoñan do mesmo poderán adquirilo por 12€ ao inicio da serie e, ao devolvelo ao remate da mesma, recibirán 6€. Este ano, como novidade, poderá adquirirse un chip de uso exclusivo para cada unha das probas por un prezo de 2€, agás para o colectivo con bonificación, que aboarán 1€.

Gala de Coruña Corre

O centro Ágora acollerá esta tarde, desde as 19.00 horas, a gala final do V Coruña Corre, na que entregarán os trofeos correspondentes as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos, especial e familiar, así como un obsequio a todas e todos os deportistas que finalizaron as sete probas do circuíto municipal O evento, que contará coa participación do concelleiro José Manuel Sande, tamén dará a coñecer a imaxe da sexta edición do circuíto de carreiras.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión