11 de abril de 2019
O Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA seguen recadando doazóns para loitar contra o cancro de mama. Consigue a túa camiseta solidaria #Querémonosvivas co dorsal 261
Tras o éxito dos donativos recadados na Carreira Popular Torre de Hércules - I Carreira Solidaria #Querémonosvivas e debido ás peticións de moitos corredores e corredoras que queren colaborar e recibir unha camiseta solidaria, o Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA instalarán na praza de María Pita o próximo 14 de abril un punto solidario para seguir recadando as túas doazóns.
Na Carreira Solidaria do 23 de marzo recadáronse 9.031,63 euros.
Axudamos a alcanzar a meta dos 10.000 euros.
O 100% da recadación irá destinado á Fundación EMALCSA que á súa vez colabora coa Fundación Profesor Novoa Santos para a investigación contra o cancro de mama.
A recadación coincide coa realización do Maratón Atlántica C42.
Anímate a colaborar e regalarémosche unha camiseta solidaria coa imaxe de Katherine Switzer co dorsal 261.
Katherine foi a primeira muller en correr un maratón (Maratón de Boston de 1967). Para poder correr o maratón tivo que inscribirse coas iniciais do seu nome porque non se permitía que corresen mulleres e en máis dunha ocasión intentaron evitar que correse sacándoa da proba. Por ese motivo utilízase a súa imaxe para a camiseta solidaria.
Máis información no documento anexo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible