Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2018

Convocatoria para o voluntariado da C10 do 7 oct 2018

Como seguramente xa saberás, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 7 de outubro de 2018 a XII Carreira Popular Coruña10. A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e a Real Federación Española de Atletismo.

Mais non todo é correr. Podes participar na C10 dunha forma diferente: podes formar parte da organización, vivires a proba desde dentro e contribuíres a facela posible. É un esforzo diferente e de carácter altruísta, pero que leva unha gran satisfacción por axudar activamente os e as corredoras que cruzan a meta.

Sen a vosa presenza, sumando esforzos co obxectivo de contribuír ao éxito, os eventos deportivos na nosa cidade non serían posibles. Agardámoste se tes máis de 18 anos e queres colaborar, inscríbete aquí. :  

A XII edición da Coruña 10 iniciou a súa andaina en 2007 e se converteu en todo un clásico no calendario do atletismo nacional.

Grazas por facela posible.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión