Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2018

Cousas que non podes perder este mes na Coruña

A Coruña convértese neste mes de abril nun dos epicentros deportivos de Galicia e España debido á realización do Maratón Atlántica Coruña 42. Pero hai moitas máis cousas que esta cidade che pode ofrecer. Contámosche algunhas.

O Maratón Atlántica Coruña 42 realizarase este domingo 15 de abril e xa é un dos referentes da tempada de atletismo. Ademais desta esixente proba, haberá unha proba popular de 10K. E estas non son as dúas únicas probas do noso calendario. A Coruña conta hoxe en día cunha completa programación que abarca todas as distancias e formatos. Así, desde a persoa máis novata ata a máis experimentada corredora pódese poñer a proba en carreiras como o Medio Maratón C21, a C10 ou o circuíto de carreiras populares Coruña Corre.

O Maratón Atlántica forma parte do calendario nacional da Federación Española de Atletismo, e como vos contamos, converteuse nun referente. Entre outras razóns, por ofrecer un percorrido chan, rápido e, sobre todo, moi atractivo, xa que transcorre case sempre pegado ao mar.

O deporte forma parte da nosa forma de vida. É a través de probas como a C42 e a 10K como queremos contarllo ao resto do mundo e contaxiarlle ese estilo de vida. Sempre desde un enfoque saudable e de gozar da contorna urbana.

Non todo é correr

O exercicio físico ten como consecuencia ter fame, e na Coruña existen moitas e moi boas referencias onde poder saciarnos deleitando o noso padal. A nosa gastronomía ten gran variedade e ten unha rica tradición que se viu impulsada a través de diferentes iniciativas e eventos que se sitúan en diferentes lugares do calendario. Un grande exemplo é a quinta edición do Sherry Festival, que se realizará este mes de abril na Coruña (do 7 ao 15). Trátase da maior e mellor exhibición de viños de Xerez que se pode gozar en España. Atractivas experiencias gastronómicas e degustacións están no menú deste evento que aterra por primeira vez en Galicia.

Gastronomía e deporte, eixos fundamentais da nosa cultura cívica. Ven á nosa cidade e compárteos connosco. Accede a toda a información de interese turístico desde a web de Turismo Coruña: www.turismocoruna.com

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión