Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

25 de febreiro de 2013

Despois de alcanzar máis de 1300 inscritos, un 30% máis que a edición anterior, quedaba por ver se se superaban tamén os rexistros no número de atletas que chegasen á meta.

Éxito de participación no Medio Maratón Coruña21.

O espírito de superación destes deportistas non coñece límites.

Ás oito da mañá abriuse o ceo, e o que as previsións meteorolóxicas anunciaban coma un orballo converteuse nunha fenomenal tromba de auga que perdurou ata a primeira media hora de carreira. Ante este panorama era moi posible que se producise o desánimo, e que moitos corredores e corredoras decidisen quedar na casa esperando unha mellor ocasión. Pero non foi así. A atleta con discapacidade visual, Carmen Gómez, cruzou a meta tras máis de dúas horas e completou a máxica cifra de 1188 atletas cubrindo a distancia do 21 Km e 97 metros, nova marca nas cinco edicións da Coruña21.

Unha hora antes dilucidáronse os gañadores da proba. O marroquí Mohamed Boucetta gañoulle a partida ao seu compatriota Hassane Ahouchar, establecendo unha nova marca da proba con 1:05:35. Terceiro entrou o atleta galego Pedro Nimo, que segue afinando a súa forma de cara ao Maratón Coruña42, que se disputarán na nosa cidade o próximo 21 de abril, e albergará o Campionato de España da especialidade.

En mulleres Fátima Ayachi non deu opción aos seus rivais, batendo tamén o mellor rexistro da proba para deixalo en 1:13:56. Secundárona no podium as galegas María Jesús Gestido e Yolanda Gutiérrez.

Apurado o aperitivo afrontamos a recta final para o prato forte, Coruña42 Maratón Atlántica.

Botóns sociais

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?