Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Cando:

23 de abril de 2017

Javier Paredes e Mónica Granero gañan o VI Maratón Coruña42

Máis de 2.150 persoas tomaron a saída esta mañá nos Cantóns da C42 e da proba popular 10K, cuxo podio lideraron Abdelaziz Fahiti e Teresa Castro

Os atletas galegos Javier Paredes e Mónica Granero proclamáronse este domingo campión e campioa, respectivamente, da VI edición do Maratón Atlántica. A proba, que está organizada polo Servizo Municipal de Deportes coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, forma parte do calendario estatal de da Real Federación Española de Atletismo (RFEA). Cun trazado de 42.195 metros homologado pola RFEA, a carreira desenvolveuse con total normalidade e convocou desde primeira hora da mañá a 2.157 deportistas nos Cantóns, que participaron tanto nesta carreira C42 -cuxo percorrido situouse á beira da enseada do Orzán e do porto coruñés- coma na proba de carácter popular 10K. Nesta última, con saída ás 8.45 horas, Abdelaziz Fahiti e Teresa Castro, nas súas respectivas categorías,  cruzaron na primeira posición a liña de meta, que atravesaron un total de 1.365 dos 1.372 deportistas que iniciaron a proba.

Coruña42 arrincou ás 8.30 horas no Obelisco. En total 785 atletas tomaron a saída da carreira, que a súa vez está considerada o Campionato Galego da distancia. Paredes fíxose co primeiro posto do maratón cun tempo de 2 horas 33 minutos e  55 segundos, seguido de José Alberto Bastos (2h 34' 43'') e Gonzalo Rubio (2h 35' 24'').  Minutos máis tarde chegou a primeira muller e gañadora da proba, Mónica Granero, cun tempo de 2 horas 59 minutos e 2 segundos. Completaron o podio na categoría absoluta feminina as irás Inés Papín, cun tempo de 3h 18' 46'', e Noelia Papín (3h 25' 48'').

O podio masculino da proba 10K conformárono Abdelaziz Fahiti, que cruzou a meta cun tempo de 32 minutos e 52 segundos, Juan Bueno como segundo clasificado e Luis Pérez, terceiro. Na categoría feminina, a deportista Teresa Castro fíxose coa primeira posición cun tempo de 40 minutos e 34 segundos, seguida de Noemi Moral e Raquel Vázquez.

Para a celebración desta edición da carreira C42, o Concello da Coruña despregou un dispositivo especial tanto de mobilidade coma de seguridade durante toda a mañá. Un equipo de máis de 300 persoas, integrado por membros da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, e persoal do Servizos Municipais de Deportes, Medio Ambiente e Mobilidade Sostible, así coma voluntariado das escolas deportivas municipais, e a Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña, termaron da seguridade e benestar das e dos deportistas. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na entrega de premios de Coruña42, mentres que o responsable municipal de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, interveu na entrega de trofeos da carreira popular 10K.

Botóns sociais

Compartir en Tuenti
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?