Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2018

Manuel Gustavo Cañar e Mónica Granero gañan o VII Maratón Atlántica Coruña42

Máis de 1.900 persoas tomaron a saída esta mañá nos Cantóns da C42 e da proba popular 10K, cuxo podio lideraron Pedro Nimo e Paula Mayobre

Os mellores tempos do VII maratón Atlántica Coruña42 marcáronos os atletas Manuel Gustavo Cañar e Mónica Granero, que se proclamaron campión e campiona, respectivamente, da proba que se celebrou esta mañá nas rúas da cidade, que tamén acolleron a proba popular 10K. Nesta última foron vencedores Pedro Nimo e Paula Mayobre. Entre as dúas probas, sumaron máis de 1.900 participantes.

O maratón Coruña42, que está organizado polo Servizo Municipal de Deportes coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, comezou no Obelisco, onde 740 atletas se situaron tras a liña de saída. O mellor tempo da carreira foi para Manuel Gustavo Cañar, que se fixo co primeiro posto do maratón cun tempo de 2 horas 22 minutos e  01 segundos, seguido de Ángel Gerardo Chasi (2h 25' 08'') e Marco Antonio Erazo (2h 26' 03''). Minutos máis tarde chegou a primeira muller e gañadora da proba, Mónica Granero, cun tempo de 2 horas 59 minutos e 29 segundos. Completaron o podio na categoría absoluta feminina Sonia Teijeiro, cun tempo de 3h 00' 19'', e Beatriz Fernández (3h 09' 15''). Un total de 672 atletas finalizaron a proba de 42.195 metros, que transcorreu sen incidentes e que forma parte do calendario estatal de da Real Federación Española de Atletismo (RFEA). A carreira está tamén considerada o Campionato Galego da distancia, que se levou Ramón Serantes -cuarto na xeral- cun tempo de 2 horas 35 minutos e 28 segundos, mentres que na categoría de mulleres levouno Sonia Teijeiro.

O podio masculino da proba 10K conformárono Pedro Nimo, que cruzou a meta cun tempo de 32 minutos e 12 segundos, Miguel Penedo como segundo clasificado e Anxo Castro, terceiro. Na categoría feminina, a deportista Paula Mayobre fíxose coa primeira posición cun tempo de 36 minutos e 28 segundos, seguida de Karina Callón e Celia Garrido. Un total de 1.156 atletas finalizaron esta proba. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na entrega de premios da carreira popular 10K e tamén na do Coruña42, xunto á edil de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión