Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2018

O concelleiro José Manuel Sande reivindica a cidade "como epicentro das carreiras urbanas de Galicia" durante a presentación da XII Coruña10, que se celebrará este domingo

Atletas como Paula Mayobre, Esther Navarrete, Alejandro Fernández ou Lolo Penas participarán na proba absoluta, que arrincará ás 10.00 horas do Paseo da Habana

O Paseo Marítimo acollerá, o vindeiro domingo 7, a XII edición da Carreira Popular Coruña10. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a proba, que percorrerá a enseada do Orzán desde as 10.30 horas, e na que participarán 4.183 atletas nas distintas categorías. "Coruña10 é unha das citas destacadas da tempada nun ano moi relevante para a cidade a nivel deportivo grazas á renovación das pistas de atletismo do Campus de Elviña, pero tamén pola celebración do Campionato Estatal de Tríatlon, do Europeo de Hóckey Masculino ou as series mundiais de Roller Derby, entre outras propostas", destacou José Manuel Sande, entre as que incluíu tamén as series de deportes urbanos do Festival Street Stunts, que se celebrou o pasado mes de xullo na Mariña.

"A Coruña é un cúmulo de constante actividade e demostra, coa celebración da C10, C21, C42, o circuíto de carreiras populares Coruña Corre, o Gran Premio de Marcha dos Cantóns, ou mesmo as numerosas probas de carácter solidario que apoia o Concello, que é o epicentro das carreiras urbanas en Galicia", apuntou o edil, quen destacou a colaboración da Federación Galega de Atletismo na organización da Coruña10, "e que garante o seu bo desenvolvemento".

A carreira absoluta de Coruña10 partirá ás 10.00 horas do Paseo da Habana. O circuíto, de 10.000 metros e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), discorre sobre o asfalto na súa totalidade, e percorrerá o Paseo de Ronda, Manuel Murguía, San Roque de Fóra e a avenida Gerardo Porto até o Millennium, onde o grupo dará a volta para continuar cara ás avenidas Buenos Aires e Pedro Barrié de la Maza, a través das cales avanzarán até chegar á rotonda situada ao pé da Torre de Hércules. Neste punto, as e os participantes regresarán sobre o Paseo Marítimo para chegar á meta, situada á altura do Pazo dos Deportes de Riazor. Nesta proba, na que tamén participarán atletas en cadeiras de rodas homologadas por IPC Athletics,  destaca a participación de figuras como Paula Mayobre, Esther Navarrete ou Joselyn Brea, ademais de Alejandro Fernández Rivera ou Lolo Penas, gañadores de anteriores edicións.

De seguido terán lugar as carreiras das probas menores, que comezarán ás 11.30 e se desenvolverán até ás 13.00 horas aproximadamente. Ao finalizar, terá lugar a entrega de premios, que comezará ás 13.30 horas na praza de Portugal. Coruña10 recoñecerá ás primeiras e primeiros atletas de cada categoría, así como de Galicia e A Coruña. Ademais, a gañadora ou o gañador da C10 e que bata o récord da mesma (28:09 na categoría masculina e 31:40 na feminina) obterá un premio de 1.000 euros.

Recollida de dorsais

Os dorsais poderanse recoller tanto o venres 5 pola tarde --de 17.00 a 21.30 horas--, como ao longo da xornada do sábado 6 --desde as 10.00 e até as 21.00 horas--, no departamento de Deportes de El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal. Ademais, como é habitual, as e os atletas que se despracen á cidade o mesmo día da proba, poderán recoller o seu número, imprescindible para poder participar, até unha hora antes do inicio da mesma. O dorsal inclúe, ademais do chip integrado que rexistra a marca, a cor correspondente ao caixón de tempos no que se deberá situar a persoa na saída. Para máis información sobre estes servizos, pódese consultar o propio web da C10, www.coruna.gal/carreiraspopulares

Documentos:

Percorrido Coruña10 (643 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión