Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición da IV Carreira Popular de Matogrande, que se celebrará o 13 de xaneiro

A terceira proba do Circuíto Coruña Corre comezará ás 10.30 horas na rúa Sebastián Martínez Carro e achegarase até o Campus de Elviña

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abre hoxe o período de inscrición para participar na IV Carreira Popular de Matogrande, que se celebrará o domingo 13 de xaneiro. A terceira proba do Circuíto Coruña Corre da tempada abrirá o calendario competitivo municipal do ano 2019, que terá continuidade no mes de febreiro co XI Medio Maratón Coruña21.

A proba, no caso da categoría absoluta, comezará ás 10.30 horas na rúa Sebastián Martínez Risco, lugar no que tamén se situará a meta. As e os atletas percorrerán un trazado de 6.625 metros tanto polo barrio de Matogrande como polo Campus de Elviña. O seu peche será ás 11.30 horas e, de seguido, comezarán as probas das categorías de menores --desde a sub18 ata prebenxamín--. Contra ás 13.00 horas, terá lugar a entrega de premios nun palco situado xunto á meta. Durante toda a mañá o Colexio Liceo La Paz, situado na rúa Sebastián Martínez Risco, contará con servizo de duchas e de gardarroupa.

A inscrición na IV Carreira Popular de Matogrande estará aberta até o 9 de xaneiro, ás 23.30 horas, a través do web www.coruna.gal/carreiraspopulares. De xeito presencial poderase facer na oficina de Viaxes de El Corte Inglés en avenida de Rubine, 3-5, en horario de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que é obrigatorio realizar a inscrición na carreira para que esta conte no cómputo total da ou do atleta nesta tempada de Coruña Corre. As persoas que non formen parte do circuíto, a súa cota de inscrición será de 2€ --agás para as e os menores de idade, que é gratuíta-- mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será de 1€. Os dorsais poderanse recoller no Liceo La Paz o sábado 12 de xaneiro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o domingo 13 ata unha hora antes do inicio de cada carreira.

O Concello lembra que, até o mes de marzo, se mantén aberto o prazo de inscrición no Circuíto Coruña Corre, que este ano se prolongará até o mes de decembro de 2019. O prezo da cota é de 10€ para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para as e os menores de idade, e de 7€ para o colectivo con bonificación --persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove--.

Grandes carreiras

Por outra banda, o Concello lembra que desde o pasado mes de novembro está aberto o prazo de inscrición tanto para participar no XI Medio Maratón Coruña21, que terá lugar o 17 de febreiro,  como no VIII Maratón Atlántica C42 e a proba popular 10K, que se celebrarán o 14 de abril. A primeira das carreiras mantén até o 3 de febreiro aberto o seu prazo ordinario de inscrición a través do web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com.  

Toda a información sobre estas probas así como outras carreiras promovidas polo Concello da Coruña pódese consultar no web www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Documentos:

IV Carreira Popular Matogrande - Circuíto categoría absoluta (1 MB)

IV Carreira Popular Matogrande - Circuíto categorías menores (907 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión