Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de agosto de 2019

O concello dá un paso máis na súa aposta polo deporte inclusivo e as/os atletas con discapacidade funcional, sensorial e intelectual correrán a carreira C10

A Concellería de Deportes abre mañá o prazo de inscrición para a carreira popular C10 que dá un paso máis cara ao deporte inclusivo fomentando o coñecemento e o respecto á diferenza As inscricións xa se poden realizar en liña a través da páxina www.carreirasgalegas.org cunha cota de 5 euros ata o día 22 de setembro, e de 8 euros ata as 23.59 h do 29 de setembro.

O concello deu un paso máis na súa aposta polo deporte inclusivo e os/as atletas con discapacidade sensorial, funcional e intelectual poderán participar na carreira popular C10 que se realizará o próximo 6 de  outubro. Súmanse á categoría xa existente de atletas en cadeiras de rodas homologadas e, por primeira vez, tamén se lles aplicarán as mesmas categorías ás carreiras de menores.  

A concellería busca potenciar a participación e contribuír desta maneira á práctica deportiva a todos os niveis, así como fomentar a sensibilización, o coñecemento e o respecto á diferenza. Desde Deportes insisten en sinalar que "running non é só correr; o deporte inclusivo é socialización, integración e motivación".  

Organizada polo concello e a Federación Galega de Atletismo, a máis soada das carreiras da cidade, percorrerá un circuíto urbano de 10 km practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade. Terá a súa saída na avenida da Habana e a meta estará no Paseo Marítimo, á altura do Palacio dos Deportes de Riazor.  

As inscricións xa se poden realizar en liña a través da páxina http://bit.ly/2MQDIRk cunha cota de 5 euros ata o día 22 de setembro, e de 8 euros ata as 23.59 h do 29 de setembro.  

As persoas participantes que queiran realizar a súa inscrición fisicamente poderán facelo ata o 21 de setembro no departamento de deportes de El Corte Inglés cubrindo unha folla de inscrición e aboando a cota de 5 euros.

Para as categorías de menores a inscrición é gratuíta e só teñen que cubrir o formulario en liña en El Corte Inglés.  

Os dorsais e as camisetas poderanse recoller no departamento de Deportes de El Corte Inglés de Ramón y Cajal, o venres 4 de outubro, de 17.00 a 22.00 horas, e o sábado 5 de outubro, de 10.00 a 21.30 horas.  

De maneira extraordinaria, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 6 de outubro na Cidade Deportiva de Riazor, de 8:30 a 9:30 horas. 

 A organización establece catro categorías para as/os atletas con discapacidade:

A) Atletas en cadeiras de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que lles axuden a impulsarse. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permiten as bicicletas de man ou handbike.  

B) Discapacidades funcionais (persoas con discapacidade física, parálise cerebral e lesión cerebral)

C) Discapacidades sensoriais (persoas con cegueira, xordeira...)  

D) Discapacidades intelectuais  

Para máis información 

www.coruna.gal/carreiraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión