Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2017

O Concello mantén aberto até o domingo 1 o prazo extraordinario de inscrición da carreira Coruña10, na que participarán máis de 3.300 atletas populares

A proba reforzará, por segundo ano, o seu carácter integrador e favorecerá a participación de deportistas en carreira de rodas homologadas

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén aberto ata as 23.59 horas deste domingo, 1 de outubro, o prazo de inscrición para participar na XI edición de Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello e  que se celebrará o domingo 8 de outubro. Na mañá deste venres, o edil José Manuel Sande deu conta do número de inscricións da proba, que xa supera as 3.330 entre todas as súas categorías. Destas, máis de 2.600 son da carreira absoluta, na que as e os atletas populares percorrerán, desde as 10.00 horas da mañá, 10.000 metros a través do Paseo Marítimo da enseada do Orzán, entre as rotondas do Millennium e Torre de Hércules. A meta, de novo, situarase fronte ao Pazo dos Deportes de Riazor.

A inscrición para participar na carreira Coruña10 pode realizarse a través da páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares até as 23.59 horas do día 1 de outubro. Nesta segunda quenda extraordinaria, a cota é de 8 euros agás para as persoas menores de idade, que é gratuíta. Para participar non será necesario alugar chip para a cronometraxe, xa que o dispositivo estará integrado no dorsal.A Concellería de Deportes lembra que, por segundo ano consecutivo, a proba reforzará o seu carácter integrador, e favorecerá a participación de atletas en cadeira de rodas homologadas para a práctica deportiva e que cumpran as normas do IPC Athletics. A carreira está aberta á participación de persoas maiores de 18 anos, nas seguintes categorías: Junior (atletas do ano 1998-1999), Promesa (1995, 1996 e 1997), Senior (desde 1994), catro modalidades de veteranos en función da idade e, por último, a de persoas con diversidade funcional que disputen a proba en cadeira de rodas (nadas ou nados en 1999 e anos anteriores). Haberá recoñecementos para as primeiras persoas clasificadas de cada categoría, así como para as e os primeiros atletas locais e de Galicia, nunha cerimonia que terá lugar a partir das 13.00 horas. A organización, ademais, premiará a todas aquelas persoas que superen o récord da proba (situado en temos de 28:09 na categoría absoluta masculina, e 31:40 na feminina).

O regulamento completo da carreira está dispoñible para consulta na web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares. Neste espazo iranse actualizando os servizos que terán as e os corredores o vindeiro 8 de outubro, así como outras novidades da competición.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión