Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de marzo de 2019

O edil José Manuel Sande presentou esta mañá o percorrido e imaxe da C42, a única proba homologada pola RFEA desta distancia no noroeste peninsular, e que inclúe unha carreira popular de 10 quilómetros

O Concello mantén aberto até o domingo 31 o prazo de inscrición ordinario do VIII Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrará o 14 de abril

A carreira, cun terreo chan que favorece a realización de boas marcas, contará coa participación dos keniatas Ruto Hosea Kiprotic e Cheronges Dominic Pkemoi e da atleta Kirop Helena Loshanyand. Nesta ocasión a proba contará con tres lebres nos tempos de 3.15, 3.30 e 3.45 horas

O domingo 14 de abril celebrarase a VIII edición do Maratón Atlántica Coruña42. O concelleiro José Manuel Sande presentou esta mañá o circuíto e imaxe da proba, que coincide co desenvolvemento do Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, e que forma parte do calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo. "As probas atléticas na cidade atópanse nun estado de desenvolvemento moi avanzado, e sen dúbida o atletismo domina o calendario deportivo da cidade dun xeito abafador. Temos moitos exemplos a man, como o circuíto municipal Coruña Corre ou mesmo a tríade de grandes carreiras. E hoxe presentamos a máis profesional de todas elas, Coruña42, que pon en primeiro plano a proba máis mítica dentro do mundo do atletismo, o maratón", afirmou Sande.

"A celebración, un ano máis, desta C42, acompañada dunha proba popular e máis accesible, como é a 10K, pon de relevo que A Coruña é unha cidade eminentemente deportiva, atlética e chea de actividade", apuntou o edil, quen salientou que o Maratón Atlántica, que conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA) na organización, é a única competición oficial de longa distancia que ten lugar no noroeste da Península. Precisamente o edil estivo acompañado na presentación polo presidente da entidade, Isidoro Hornillos, quen incidiu que A Coruña "é a unha das poucas cidades do Estado e a única de Galicia que conta con tres carreiras --a C10, C21 e C42-- no calendario da RFEA e cuxas marcas se poden acreditar como oficiais".

Por outra banda, tanto Sande coma Hornillos destacaron a súa satisfacción "pola alianza estratéxica e colaboración frutífera" establecida entre o Concello e a FGA de cara á organización destas grandes probas, "que promoven abordar o deporte tanto desde a perspectiva do rendemento como da saúde", e agradeceron a participación das empresas patrocinadoras da C42, como son El Corte Inglés, Coca-Cola e Sanbrandán.

A inscrición para participar no Maratón Atlántica Coruña42 estará aberto até as 23.59 horas do 31 de marzo a través do web www.coruna.gal/carreiraspopulares ou do web da Federación Galega, www.carreirasgalegas.com. A cota será de 25 euros até esta data ou até acadar as 1.500 persoas inscritas --no caso dos e das atletas con licenza da FGA, para o Campionato Galego, será gratuíta e deberán facelo a través do enlace https://isis.rfea.es/sirfea2--. Todas aquelas persoas maiores de 65 anos, posuidoras do Carné Xove ou desempregadas que queiran participar, poderán solicitar a bonificación do 50%, a través dunha declaración responsable no momento de formalizar a inscrición, e deberán remitir a documentación correspondente á FGA a través do correo info@carreirasgalegas.com. A partir do día 1 de abril, e até as 23.59 horas do día 7, abrirase un prazo extraordinario que aumentará en 15 euros a cota de participación.

Circuíto

O Maratón Atlántica comezará ás 08.30 horas do domingo 14 e contará cun circuíto de tres voltas --14 quilómetros cada unha-- que transcorrerá pola calzada do tráfico rodado e zonas peonís debidamente sinalizadas que se atopan no centro urbano e xunto ao bordo litoral. Tal e como apuntou a directora técnica da Federación, Madó González, as características do percorrido, "cun terreo practicamente chan", favorecerá "a consecución de boas marcas". Así, o grupo partirá do Cantón para avanzar, por Juana de Vega e o Paseo Marítimo, cara ao Aquarium Finisterrae. Desde alí darán a volta cara ao estadio de Riazor e regresarán ao centro da cidade para achegarse até a praza de Mina e praza de Ourense e continuar por Linares Rivas até Oza. A cola de meta, unha vez finalicen as tres voltas, será pola avenida da Mariña, Montoto e Praza de María Pita, na que se establecerá, un ano máis, a meta.

De cara á VIII edición da C42, xa está confirmada a presenza de Ruto Hosea Kiprotic (2.12), Cheronges Dominic Pkemoi (2.13) e Kirop Helena Loshanyand (2.23), así como dalgunhas das máis destacadas e destacados atletas de Galicia. De cara a animar a participación, a carreira contará con tres lebres que marcarán os ritmos para acadar as 3.15, 3.30 e 3.45 horas. "É posible que se inclúan novas lebres nos vindeiros días", apuntou González durante a presentación. As oito primeiras persoas clasificas na categoría absoluta recibirán premios en metálico. Ademais, quen gañe a carreira e bata a mellor marca da proba tanto na categoría masculina (2.12.21, acadado por Javier Guerra no 2013) como na feminina (2.40.23, conseguido tamén no 2013 por María Jesús Gestido) obterán outro premio de 1.000 euros.

Por último, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que, seguindo a liña de traballo de integración e inclusión dos últimos anos, o Maratón Atlántica tamén estará aberto á participación de atletas que conten con cadeiras de rodas homologadas por IPC Athletics.

Proba popular 10K

Como é habitual, Coruña42 incluirá unha proba de carácter popular de 10.000 metros, coa finalidade de achegar o espírito do Maratón á veciñanza e de favorecer o desenvolvemento de hábitos saudables a través da mesma. A carreira, que comezará ás 08.45 horas, compartirá unha parte do seu percorrido, precisamente, coa proba de 42 km.

Ao igual que o Maratón Atlántica, a 10K terá dous prazos de inscrición a través do web www.carreirasgalegas.com. A cota ordinaria --que se poderá aboar até o 31 de marzo--será de 5 euros, mentres que a extraordinaria será de 15 euros. De cara a favorecer a participación na proba de longa distancia o Concello lembra que, en colaboración co Club Hércules Termaria, a veciñanza pode participar nunha serie de adestramentos abertos, cuxas datas e horarios pódense consultar no web municipal de Carreiras Populares.

Documentos:

Percorrido VIII Maratón Atlántica Coruña42 (1 MB)

Percorrido carreira popular 10K (568 KB)

Botones sociales

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión