Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de febreiro de 2018

O Medio Maratón, tamén en Facebook, Twitter e Instagram

As persoas usuarias destas redes sociais atoparán nas contas oficiais do medio maratón coruñés toda a información referente á proba que se realizará o próximo 18 de febreiro, e serán un dos nexos de comunicación directa coa organización do evento.

Nos perfís destas redes sociais, as persoas participantes, afeccionadas e cidadanía atoparán todos os datos útiles e actualizados sobre o evento que terá lugar o próximo día 18, será por tanto un punto de encontro para a información, o comentario e a interrelación entre todas as persoas que fan posible unha das grandes citas deportivas do ano na cidade e en Galicia.

Desde estes perfís non só se achegaran as últimas novidades da carreira a medida que se achegue a xornada de competición, tamén se promoverán diferentes accións para a participación de todas as persoas que van poder gozala en directo ou seguila día a día a través de internet.

Ademais tamén se fomentará o diálogo sobre todas as actividades paralelas de animación que se van desenvolver o mesmo día da proba e arredor dos actos paralelos. Coruña21 sáese do seu percorrido polas rúas da Coruña para entrar de cheo no mundo das redes sociais a través de Facebook, Twitter e Instagram.

Podes seguir os perfís oficiais premendo nas seguintes ligazóns:

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión