Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de febreiro de 2017

Sergio Sánchez e Adela Villa gañan a novena edición do medio maratón Coruña21, que se desenvolveu "nun ambiente festivo e lúdico"

Máis de 1.740 participantes tomaron a saída da proba, que se celebrou entre Oza e Os Pelamios

Esta mañá tivo lugar a novena edición do Medio Maratón Atlántica Coruña21, proba de 21.097,50 metros que se celebrou entre Oza e Os Pelamios, e cuxa meta e saída estivo situada no Obelisco. Na carreira, que se desenvolveu con normalidade, participaron 1.741 deportistas maiores de 18 anos, Na categoría absoluta masculina, o atleta leonés Sergio Sánchez proclamouse gañador cun tempo de 01:03:28, seguido de Pedro Nimo (1:06:38) e de David santos (1:07:36). No caso da categoría feminina, a asturiana Adela Villa, cun tempo de 1:20:33, foi a vencedora. Completaron o podio Raquel Suárez (1:21:23) e Rocío Alvite (1:22:21). Nesta edición, de carácter inclusivo e na que tamén participaron cinco atletas en cadeira de rodas, Iván Montero foi o gañador da categoría de handbike, cun tempo de 52.04.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na entrega de trofeos e salientou o carácter "aberto e festivo" da proba, na que algúns participantes portaron disfraces, "unha feliz coincidencia coas datas co Entroido". O edil incidiu na convivencia "entre o compoñente profesional" dun medio maratón e "o espírito lúdico e festivo" das carreiras populares da Coruña, "que favorecen a vertente saudable e integradora do deporte, e que fai que este tipo de probas teñan maior aceptación entre a veciñanza". Neste sentido, o responsable municipal valorou positivamente que o Medio Maratón Atlántica tivera un 12,5 % de participación feminina, e agarda "seguir avanzando" nesta liña", "e que cada vez máis mulleres formen parte deste tipo de competicións, como xa sucede noutras disciplinas".

O desenvolvemento da carreira estivo acompañado dun dispositivo especial de tráfico no centro da cidade, que obrigou a realizar cortes puntuais e desviar o tráfico que, desde as 12.45 horas, está restablecido en todo o trazado do circuíto e, desde as 14.00 horas, na zona da meta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión