Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2013

II parte

Como correr un maratón sen morrer no intento

Por Roberto Picos. Fisioterapeuta especialista en fisioterapia deportiva, no que nos aconsella acerca das pautas que temos que ter en conta para correr por primeira vez un maratón.

Correr 42 km é unha experiencia que esixe unha ardua preparación. Non obstante, é posible logralo, só é cuestión de propoñelo e de adestrar correctamente. Roberto Picos, fisioterapeuta especialista en fisioterapia deportiva, exponnos a través do seu blog, as pautas que temos que ter en conta para correr por primeira vez un maratón, abordándoo dende todos os ámbitos para acadar o obxectivo, sen descoidar a que debe ser nosa máxima preocupación, a saúde.

Unha carreira de longa duración e que require un esforzo sostido durante un período de tempo prolongado, obríganos ademais a unha preparación psicolóxica axeitada para dotar a nosa mente da mesma fortaleza que necesitan as nosas pernas. O coñecemento doutras materias como nutrición, equipamento deportivo, etc. axudaranos a conseguir o adestramento integral necesario para superar o reto.

Dende este apartado pretendemos continuar informando de todos aqueles temas de interese que permitan profundar, dende un enfoque multidisciplinar, na práctica da actividade física saudable.

Ler máis: acceso á sección de fisioterapia e artigos de Roberto Picos

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión