29 de novembro de 2013
Seguindo as recomendacións emanadas da Conferencia Mundial da Fisioterapia (WCPT), os fisioterapeutas galegos súmanse coa presentación desta publicación ao desenvolvemento de políticas de prevención de enfermidades a través da promoción da actividade física saudable.
Con motivo da conmemoración cada 8 de setembro do Día Mundial da Fisioterapia, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia edita o terceiro volume da colección “Consellos de fisioterapia”, nesta ocasión dedicado ao Movemento para a saúde.
Con estes Consellos de fisioterapia, elaborados baixo o lema de Movemento para a saúde, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia quere informar e concienciar a poboación, sobre os beneficios da actividade física saudable na poboación, en todas as etapas da vida, especialmente entre os nenos e as persoas maiores, como garantía de futuro para manter maior independencia e calidade de vida.
A evidencia científica demostra que as persoas que permanecen activas teñen máis probabilidades de seguir traballando, participando socialmente e gozando da vida.
Manterse activo ao longo da vida contribúe a reducir riscos para a saúde.
A continuación podes descargar o documento elaborado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible