Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2013

Decálogo da boa alimentación do atleta

Fonte da información: web da Real Federación Española de Atletismo. José María Odriazola, catedrático de Bioquímica da Universidade Complutense de Madrid e experto en Nutrición.

  1. O almorzo é a comida máis importante do día. Debe ser adecuado e abundante.
  2. Non comer entre horas. Non é necesario e adóitanse tomar cousas sen valor nutricional.
  3. Hai que beber moita auga, aínda que non se teña sede, antes, durante e despois do adestramento.
  4. O deportista gasta moita enerxía e debe comer o suficiente para repoñela. Pero cando non adestras ou estás lesionado, debes rebaixar a inxestión calórica.
  5. A base da boa nutrición é entre o 50 - 60% das calorías diarias en forma de hidratos de carbono (azucres complexos), unhas 15% proteínas e o resto graxa.
  6. Non tomar salsas con moita graxa, nin demasiados alimentos fritos.
  7. Os produtos lácteos, mellor desnatados.
  8. Os suplementos vitamínicos e minerais non son necesarios, se se comeu o necesario en cantidade e coa calidade nutricional adecuada.
  9. Deixar sempre suficiente tempo para a dixestión, antes de adestrar, sobre todo tras comidas abundantes e cando se vai facer exercicio de certa intensidade.
  10. Saír sempre ben hidratados ás competicións pero co estómago baleiro. A froita (salvo os plátanos) ao ser crúa, tarda bastante en dixerirse.
  11. Non hai alimentos "máxicos".

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión