Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Carreras Populares

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

12 de abril de 2019

A carreira #QuerémonosVivas, á que asistiron máis de 2.800 persoas, recadou 9.000 euros, "unha mostra máis de que o deporte, na Coruña, é solidario"

O Concello instalará este domingo nos soportais de María Pita, no marco do Maratón Atlántica, un Punto Solidario “para que todas as persoas que o desexen poidan seguir facendo achegas para mellorar a calidade de vida das mulleres que padecen cancro de mama”

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, agradeceu esta mañá a participación das 2.818 persoas que asistiron á IX Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas, proba do circuíto municipal Coruña Corre e que, por vez primeira, tivo un carácter solidario. Segundo a edil, a proba "foi un éxito tanto no referido ao seu impacto simbólico como a nivel de participación". Do total de asistentes, 770 persoas asistiron á andaina solidaria, unha proba non competitiva de catro quilómetros que compartiu, parte do percorrido, coa carreira nocturna da categoría absoluta.

"Por vez primeira o Concello promoveu unha proba deportiva con forte carácter reivindicativo, incidindo na idea do dereito das mulleres a poder saír a camiñar ou correr, de día ou de noite, soas e libres. A alta participación dá conta do carácter solidario da Coruña", apuntou Fraga, quen expuxo que, en total, se recadaron 9.031,63 euros que se destinarán, integramente, á investigación contra o cancro de mama e á mellora da calidade de vida das mulleres que padecen esta doenza. "Dese total 3.934,90 euros recadáronse na xornada da propia carreira a través de achegas en efectivo", sinalou a edil, quen estivo acompañada na rolda de prensa por Carmen Cereijo, enfermeira da Unidade de Mama do CHUAC.

"O noso obxectivo é ampliar esta cifra, por iso este domingo, no marco do Maratón Atlántica, instalaremos un Punto Solidario nos soportais da praza de María Pita, para que todas aquelas persoas que desexen colaborar con esta iniciativa, e aumentar o importe desta doazón, poidan facelo", explicou Fraga. As achegas poderanse facer en efectivo cun importe mínimo de 3€, que darán tamén acceso á posibilidade de obter unha das camisetas conmemorativas da carreira e da andaina solidaria #QuerémonosVivas.

A doazón canalizarase a través da Fundación Emalcsa, que establecerá unha colaboración coa Unidade de Mama do CHUAC e a Fundación Profesor Novoa Santos. "A vida non é só sobrevivir a un cancro de mama, é recuperar tamén unha vida que mereza a pena ser vivida", aseverou Fraga, quen lembrou que a carreira contou coa colaboración de distintas entidades patrocinadoras: Sanbrandrán, Desarrolla, Coca-Cola, Gadisa, DXT, Club Atletismo Coruña e Más Moto.

Para coñecer máis información sobre o proxecto que se levará a cabo, pódese consultar o enlace https://fundacionemalcsa.org/wp-content/uploads/2019/02/dossier-cancer-mama-carreira-solidaria.pdf

Botones sociales

  • Logo pie
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?