Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de febreiro de 2018

Aberto o prazo de inscrición no VII Maratón Atlántica Coruña42, que se realizará o 15 de abril de 2018

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 15 de abril de 2018, o VII Maratón Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario nacional da RFEA. Paralelamente, realizarase unha proba de 10 km. A inscrición en ambas as probas pódese facer desde a web da Federación Galega de Atletismo: http://bit.ly/inscricion-c42

CIRCUÍTO: o percorrido para a carreira de maratón está situado no centro urbano da cidade da Coruña. Tanto o circuíto da carreira de maratón (42.195 m), como o da carreira de 10 km están homologados pola Real Federación Española de Atletismo.

CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: as carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA. As inscricións gratuítas para o Campionato de Galicia terán que realizarse exclusivamente a través do sistema en liña da RFEA, ata as 23.59 horas do 1 de abril de 2018.

BONIFICACIÓNS: 50% para maiores de 65 anos, persoas posuidoras do Carné Xove e persoas paradas. Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento no que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@carreirasgalegas.com

Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI. Persoas posuidoras do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove. Parados/as: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego.

O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás 24:00 horas do 1 de abril de 2018. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: realizarase o venres 13 e sábado 14 de abril. As persoas corredoras inscritas serán informadas do lugar e horario da entrega.

Toda a información está dispoñible na páxina web municipal, na sección correspondente ao C42:

www.coruna.gal/carreraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión