Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2016

Aberto o prazo de inscrición para VI Carreira Popular de Novo Mesoiro

O prazo para inscribirse na primeira proba da tempada manterase aberto ata o próximo mércores, día 2, na web municipal.

A V edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre comezará o próximo 6 de novembro e percorrerá os barrios de Novo Mesoiro, Os Rosales, Matogrande, San Pedro de Visma, Oza, Ventorrillo e a contorna da Torre de Hércules. 

A primeira das citas deste Coruña Corre terá lugar en Novo Mesoiro o próximo 6 de novembro, e as inscricións para a mesma poderán realizarse ata o próximo mércores. En total, as e os atletas da categoría absoluta percorrerán unha distancia de 5.535 metros dun circuíto que terá a súa saída e meta xunto ao polideportivo municipal.

A proba arrincará ás 10.30 horas e, unha vez finalice esta --cuxo peche establécese ás 11.30 horas--, comezarán as carreiras das categorías de menores: xuvenil, cadete, infantil feminino e masculino, alevín femino e masculino, benxamín e prebenxamín.

Os dorsais para a VI Carreira Popular de Novo Mesoiro poderán recollerse no propio polideportivo do barrio o sábado 5 de novembro, de 11.00 a 13.30 horas, e de 16.30 a 21.00 horas, así como o domingo 6 ata unha hora antes do inicio de cada carreira. No recinto municipal estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.  

Toda a información sobre o Circuíto Coruña Corre podes consultala na súa páxina web.

 

Documentos:

Percorrido VI Carreira Popular de Novo Mesoiro (PDF) (327 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión