Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2017

C42 e 10k ordenan os seus caixóns por tempos e cores

As bandas superiores de cor coa lenda "A CIDADE É VOSA" diferenciarán os distintos caixóns de saída. Os números sobre fondo branco axudarán ao labor dos xuíces diferenciando por cores a categoría feminina e masculina.

Diferenzas?

En categoría masculina os números serán de cor negra, mentres en categoría feminina será a vermella a cor identificativa, e en ambas as carreiras sobre fondo branco, incluíndo a lenda A CIDADE É VOSA.

Así mesmo, os dorsais das e dos participantes que participen en Coruña42 levarán unha franxa vermella debaixo do logo, e mentres que na carreira de 10K a franxa será negra.

Ademais desta diferenza na identificación dos dorsais, e co fin de evitar confusións, a continuación do logotipo de C42 Maratón Atlántica, aparecerá a palabra 10k, xusto antes da data da carreira.

Por outra banda, co fin de que tanto Coruña42 como a 10K se realicen de forma ordenada e garantindo o maior goce por parte de todas as persoas participantes, estableceranse caixóns de saída en función dos tempos. Con esta medida a organización quere evitar que se produzan embotellamentos, que poden desembocar en caídas e retardar o ritmo das e dos atletas. Grazas á súa contribución todas as persoas participantes gozarán de forma segura e co maior aproveitamento da competición.

Estableceranse cinco caixóns de saída para o maratón e para a carreira de 10K, e as persoas corredoras poderán saber cal é o que lles corresponde grazas á cor da banda superior do seu dorsal.

En que caixón de saída me coloco?

A saída do Maratón Atlántica C42 estará organizada en 5 caixóns cos seguintes tempos e cores:

Primeiro caixón COR VERDE: homes menos de 1h20' en media e menos de 2h 45' en maratón e mulleres menos de 1h35' en media e menos de 3h20' en maratón.

Segundo caixón COR VIOLETA: homes entre 1h20'-1h25' en media e 2h45'-3h00' en maratón e mulleres entre 1h35'-1h40' en media e entre 3h20'-3h40' en maratón.

Terceiro caixón COR AZUL: homes entre 1h25'-1h30' en media e 3h00'-3h20' en maratón e mulleres entre 1h40'-1h45' en media e entre 3h40'-4h00' en maratón.

Cuarto caixón COR GRIS: homes entre 1h30'-1h35' en media e 3h20'-3h40' en maratón e mulleres entre 1h45'-1h50' en media e entre 4h00'-4h20' en maratón.

Quinto caixón COR AMARELA: marcas superiores ás anteriores ou sen marca

Se a túa proba son os 10K terás tamén cinco caixóns, repartidos da seguinte maneira:

Primeiro caixón COR VERDE: para corredores masculinos que cubran os 10K en menos de 35' e as mulleres por baixo de 40'.

Segundo caixón COR VIOLETA: para homes que estean entre 35-40' e mulleres entre 40' e 45'.

Terceiro caixón COR AZUL: espazo situaranse homes entre 40'-45' e mulleres entre 45-50'

Cuarto caixón COR GRIS: homes entre 45' -50' e mulleres entre 50'-55'.

Quinto caixón COR AMARELA: os corredores con cronos superiores aos anteriores ou que non conten cunha referencia de marca.

Todas as persoas participantes poderán recoller o seu dorsal e camiseta oficial da proba a partir do próximo venres 21 de abril en El Corte Inglés de Marineda City (Deportes), desde as 17.00 horas ata as 22.00 e o sábado 22 desde as 10.00 ata as 21.30 horas.

Así mesmo, se alguén non pode acudir a recoller o dorsal, poderá facelo outra persoa debidamente acreditada que porte a fotocopia do DNI do/a atleta en cuestión.

Elixe a túa carreira e comproba o teu caixón na imaxe adxunta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión