Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2018

Cerrada a inscrición no medio maratón Coruña21

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 18 de febreiro de 2018 o X Medio Maratón Coruña21, que conta cunha distancia homologada de 21.097´50 metros. Inscribíronse para participar na proba un total de 1813 persoas nas diferentes categorías.

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes do Corte Inglés de Marineda City o venres día 16 en horario de 17:00 a 21.30 horas e o sábado día 17 de 10:00 a 21:30 horas.

Tamén poderán recollerse os dorsais o propio día da carreira na zona de saída/meta no Obelisco, ata unha hora antes da saída (de 8:00 a 9:00 horas). Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.

Os dorsais contarán cun código QR a través do cal os/as corredores/as finisher poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.

Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba.

Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintivo.

A organización solicítalles responsabilidade aos e ás atletas á hora de situarse neles para poder gozar todos, o día da carreira.

Toda a información sobre o programa está dispoñible na páxina web municipal, na sección correspondente a C21, servizos ao corredor:

www.coruna.gal/carreraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión