Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de febreiro de 2013

Como utilizar correctamente a frecuencia cardíaca para controlar o noso adestramento

Por Javier Castro, licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, Máster en Actividade Física e Saúde, coordinador da Unidade de exercicio e saúde do Hospital USP-Santa Teresa, Unidade de atención ao Deportista e adestrador de atletas. E Manuel Giráldez, doutor especialista en Medicina Deportiva USP-Santa Teresa, profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.

A estas alturas todos oiriades falar da frecuencia cardíaca (FC) e, seguramente, a maioría dos que esteades a ler este artigo dispoñades dun pulsómetro e mediriades a vosa FC mentres corriades. A utilización da FC para controlar o adestramento de resistencia está moi estendida, os prezos dos pulsómetros baixaron moito durante os últimos anos e na actualidade podemos dispoñer dun que rexistre a nosa FC con precisión dende 20 €. Posto que se trata dun instrumento barato e moi útil para controlar a intensidade do noso adestramento, este artigo é o primeiro dunha serie cuxo obxectivo será ofrecer unhas indicacións básicas para sacarlle o máximo partido ao noso pulsómetro e evitar cometer algúns erros moi comúns.

 

 Ler máis: acceso ao artigo completo

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión