Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2013

Correr é máis que correr

Creamos unha nova sección de colaboracións con especialistas.

Dende a Concellería de Educación, Deportes e Mocidade do Concello da Coruña, promovemos o noso programa de carreiras populares co fin de motivar e enganchar a cidadanía, conseguindo aumentar os niveis de participación en cada carreira.

Con todo, o verdadeiro obxectivo é poboar as nosas rúas de atletas que realicen unha práctica saudable dous ou tres días á semana. 

Con este punto de partida debemos asumir a responsabilidade de proporcionar a información suficiente para garantir que esta actividade física leve ese apelido de saudable, tanto para os que se inician como para os máis experimentados. 

Por iso, creamos unha nova sección na nosa web na que se recollerán as colaboracións de especialistas destacados en diferentes materias, as cales permitan abordar, dende un punto de vista multidisciplinar, a óptima preparación dos corredores e corredoras.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión