Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de abril de 2019

Coruña42 entrega os seus dorsais e ofrece servizos para os corredores

Do mesmo xeito que en pasadas edicións, a organización do oitava Maratón Atlántica quere ofrecer aos runners as maiores facilidades para que participación tanto na Maratón Atlántica como no seu 10k paralela sexa unha experiencia inesquecible tanto antes, como durante e despois da carreira.

Coruña42 brindará nesta oitava edición que se celebra este domingo día 14 os mellores servizos tanto para os corredores da Maratón Atlántica como do seu 10k.

A entrega de dorsais e chip realizarase os seguintes días, no horario e lugar indicado:

  • Venres día 12 en horario de 17:00 a 22.00 horas
  • Sábado día 13 de 10:00 a 21:30 horas.

Planta 7ª do Corte Inglés da Rúa Ramón e Cajal nº 57

Como en pasadas edicións, os dorsais levasen un código QR que permitirá aos corredores finisher ver os seus tempos de carreira de forma inmediata e personalizada. Ademais, todos os atletas que finalicen a proba terán na web do cronometrador o vídeo da súa chegada a meta.

Con respecto ao día da carreira, desde Coruña42 recoméndase o uso do transporte público. A organización habilitou tamén un bus a dispoñibilidade dos corredores, que realizará un circuíto ao redor das zonas menos céntricas, favorecendo deste xeito o plan de mobilidade e compromiso cun evento sustentable.

As paradas e horario serán os seguintes:

Se vés no día, pedímosche que aparques no parking do C.C. Carrefour e levámosche en bús á saída. con iso favorecemos a mobilidade de todos.

  • 7:15 h. Saída de área C. Marineda (Marineda City)
  • 7:25 h. Parada en Pol. Industrial A Grela Gambrinus 14.
  • 7:35 h. Parada en Avda. Alfonso Molina (Carrefour - Coliseum)
  • 7:40 h. Parada en Glorieta Acceso Pocomaco (Hoteis AC e Attica 21 - Matogrande).
  • 7:45 h. Parada en Avda. Alfonso Molina (Estación de Autobuses).
  • 7:50 h. Parada en Catro Camiños - Custa da Palloza (Bingo).
  • 8:05 h. Chegada a Porta Real

Á finalización da carreira de 10k e Maratón, a organización establecerá un percorrido similar á ruta de ida en sentido inverso, cos seguinte horarios :

  • 12:30 h. Saída de Porta Real
  • 14:00 h. saída de Porta Real

Haberá servizo de fisioterapia e podoloxía en carpas habilitadas na zona de meta e ao que poderán acceder todos os corredores que o desexen.

Repetindo a boa acollida de edicións anteriores, os participantes que o desexen poderán gravar os seus preseas co seu nome e a súa marca, de forma totalmente gratuíta na carpa de María Pita. Mentres, os diplomas poñeranse descargar a través da web oficial http://www.coruna.es/carreraspopulares.

A entrega de premios do Campionato Galego e Carreira Popular da Maratón, realizarase na Praza de María Pita ás 14.15 horas, mentres que no caso da Popular 10K, esta realizarase ás 12:00 horas.

Da mesma forma poderase contar con servizos de: guardarropa, lebres avituallamiento. etc. poderás atopar máis información na ligazón situada ao pé de noticia.

Páxina web:

http://www.coruna.gal/carreraspopulares/es/coruna42/zona-del-atleta

Documentos:

Plano de servizos ao corredor (5 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión