Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2019

Onde realizar a inscrición presencial para o Maratón Atlántica C42 e a Carreira Popular 10k?

A inscrición pódese realizar de maneira presencial nos diferentes establecementos de El Corte Inglés na Coruña, Santiago e Vigo. O prazo remata o día 30 de marzo.

O Maratón Atlántica Coruña 42 realizarase na Coruña o próximo 14 de abril. É unha das datas clave dentro do calendario deste tipo de competicións. Coma nas últimas edicións, a inscrición pode realizarse en liña na web municipal de Carreiras Populares.

Aqueles e aquelas a quen lles pareza máis sinxelo realizar a inscrición de forma presencial, poderán facelo achegándose ao Departamento de Deportes de El Corte Inglés. Alí, deben cubrir a folla de inscrición e aboar a cota correspondente. O prazo de inscrición lembramos que termina o sábado 30 de marzo. A continuación, especificamos os centros onde os e as participantes poderán inscribirse.

  • A Coruña
    • Departamento de Deportes (7ª planta) de El Corte Inglés de Ramón y Cajal, 57 e 59
    • Departamento de Deportes (2ª planta) de El Corte Inglés de Marineda City (Estrada Baños de Arteixo s/n. Polígono da Grela)
  • Santiago de Compostela
    • Departamento de Deportes de El Corte Inglés. (Rúa do Restollal, 50, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña)
  • Vigo
    • Departamento de Deportes de El Corte Inglés. (R/ Gran Vía, 28, Vigo, Pontevedra)

COTAS DE INSCRICIÓN

Atletas federados/as da Federación Galega de Atletismo participantes no Campionato de Galicia poderán inscribirse de maneira gratuíta.

Dentro do prazo ordinario de inscrición ata o 31 de marzo, ou ata chegar a 1500 persoas inscritas, o prezo será de 25 €. Unha vez finalizado o prazo ordinario, ábrese un prazo extraordinario de inscrición que se estenderá ata o 7 de abril, cun custo de 40 €.

Máis información e inscricións: www.coruna.gal/carreraspopulares.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión