Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2017

O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico este domingo co gallo da celebración da V Carreira Popular do Ventorrillo

A proba, na que hai máis de 850 persoas inscritas, pechará a quinta edición do Circuíto de Carreiras Populares de Coruña Corre

A Concellería de Mobilidade Sostible informa que o próximo domingo, 24 de setembro, despregará un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración da V Carreira Popular do Ventorrillo, a última das citas do circuíto municipal Coruña Corrre desta tempada e que contará coa participación de 856 persoas. A proba, cuxa carreira da categoría absoluta comezará ás 10.30 horas, terá a súa saída e meta na rúa Alcalde Jaime Hervada, polo que se establecerá un corte total á circulación do tráfico nesta vía, desde o cruzamento con Alcalde Salorio Suárez até a vía Alcalde Peñamaría de Llano, entre as 08.00 e as 14.00 horas. Unha vez finalice a proba absoluta, e a partires das 11.30 horas, celebraranse as respectivas carreiras das categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín.

No caso da categoría absoluta, o grupo percorrerá nun circuíto de máis de 5.500 metros que incluirá treitos de camiño de terra. Así, tras realizar dúas voltas ao anel comprendido entre as rúas Alcalde Jaime Hervada, Mosteiro de Caaveiro e Alcalde Salorio Suárez, dirixirase cara os lugares da Gramela, Penamoa  Cances, e Silva de Arriba. De cara ao inicio desta carreira, e a finalización da mesma, será necesario cortar, polo tanto, o acceso aos vehículos no anel do Ventorrillo --comprendido entre as rúas Alcalde Jaime Hervada, Mosteiro de Caaveiro e Alcalde Salorio Suárez-- entre as 10.15 e as 11.00 horas da mañá. Neste tramo, tamén estará prohibido desaparcar na mesma franxa horaria, ao igual que no aparcamento situado fronte ao centro sociocultural Ágora. O percorrido da proba absoluta tamén afectará ao tráfico da DP-3003,  polo que será necesario o corte total, entre as 10.30 e as 11.30 horas, da estrada de San Pedro de Visma a Mazaido, entre San Pedro de Visma e Camiño de Visma Agramela, e o estacionamento do parque de Bens.

Os dorsais para participar na V Carreira Popular do Ventorrillo poderán recollerse mañá sábado, de 11.00 a 13.30 horas, e de 17.00 a 20.30 horas, no local da asociación veciñal do barrio. Tamén será posible facelo o mesmo día da carreira, desde as 09.00 horas e até unha hora antes da saída de cada carreira, na mesma localización. As e os participantes contarán con duchas no polideportivo municipal do Ventorrillo, --o servizo de gardarroupa estará localizado na asociación veciñal-- e a entrega de premios terá lugar a partir das 12.15 horas --unha vez finalicen as probas de todas as categorías-- na zona de meta, na rúa Alcalde Jaime Hervada. A carreira deste domingo pechará a quinta edición do Circuíto Coruña Corre, que percorreu os barrios de Novo Mesoiro, Os Rosales, Matogrande, Adormideras e a contorna da Torre de Hércules, San Pedro de Visma e Oza, nun ano de novo marcado pola baixada do prezo da inscrición e as bonificacións a distintos colectivos. O Servizo Municipal de Deportes lembra que, para poder entrar na clasificación final do Circuíto, será necesario ter finalizadas 5 das 7 probas do mesmo e, no caso de ter participado en 7 probas, descartaranse, automaticamente, os dous peores resultados de cada deportista. Para máis información sobre esta carreira --horarios, planos e información de servizos--, así como outras iniciativas populares deste eido promovidas pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, pode visitarse www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión