Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2017

O Concello presenta a VI edición da Carreira contra o Cancro, unha iniciativa solidaria a prol da AECC que terá lugar o próximo 4 de xuño

O concelleiro de Deporte, José Manuel Sande, salienta o “espírito popular e non competitivo” da proposta, aberta a todos os públicos

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a sexta edición da Carreira contra o Cancro, a proba solidaria cuxos beneficios destinaranse á investigación e aos programas que realiza a xunta provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro. O edil salientou o carácter "popular, non competitivo e solidario da proba", da carreira, que terá distintas modalidades segundo as idades e condicións das e dos participantes, e que celebrarán entre as 10.30 e as 13.00 horas non circuíto urbano. No caso da categoría absoluta, o trazado de 6.450 metros terá a saída no Obelisco e percorrerá a avenida da Mariña, o Parrote e o Paseo Marítimo até a altura do Club do Mar de San Amaro. Ademais destas carreiras, terá lugar unha marcha solidaria, aberta a todas as idades e condicións físicas, cuxo circuíto de 1.850 metros celebrarase na avenida da Mariña e o Parrote.

A inscrición pode realizarse ata o día 30 de maio, de forma presencial, na delegación da AECC na praza Mestre Mateo, de luns a xoves de 10.00 a 16.00 horas e os venres de 10.00 a 14.00 horas. Tamén pode formalizarse a través da plataforma www.championchipnorte.com, até as 23.59 horas do 30 de maio. A cota prebenxamín será de 2€; a benxamín, alevín, infantil e cadete, 3€; e a junior, promesa, sénior, e veteráns, 7€. No caso da Marcha popular solidaria, a cota será de 5€.

Todos os dorsais levarán integrado un chip na súa parte posterior e un código QR, de xeito que, as e os participantes da carreira absoluta poderán coñecer os seus tempos ao finalizar a carreira. Sobre a data de entrega de dorsais e camiseta conmemorativa da proba, informarase nas webs  www.coruna.gal/carreiraspopulares, www.aecc.es e www.championchipnorte.com, nas que tamén se poderá consultar o regulamento e percorridos de cada categoría.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión