Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2018

A Carreira Popular nocturna Torre de Hércules disputarase o sábado 31 de marzo. Últimas datas para a inscrición!

O prazo de inscrición para esta proba popular remata o luns 26 de marzo. As inscricións pódense realizar a través de www.coruna.gal/carreraspopulares

La Carreira Popular Nocturna Torre de Hércules terá lugar o próximo 31 de marzo. Un peche de mes de grande atractivo para calquera participante. A proba absoluta realizarase ás 21.15 horas. A inigualable contorna da Torre de Hércules servirá de escenario para a chegada e a saída desta proba. O percorrido, de 6.675 metros, desenvólvese por parte do Paseo Marítimo. Se o tempo acompaña, a lúa chea completará a foto desta espectacular carreira.

Inscricións e dorsais

O prazo de inscrición para participar na carreira termina o 26 de marzo ás 24.00 horas. Aquelas persoas que queiran inscribirse na proba deberán facelo a través da web municipal de www.coruna.gal/carreraspopulares. A inscrición é gratuíta en todas as categorías fóra da categoría absoluta, cuxo prezo é de 2 €.

A recollida de dorsais farase na Cidade Deportiva da Torre (Frontón). Pódense recoller os dorsais ata o propio día da carreira, 31 de marzo, desde as 10.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha das carreiras. É importante lembrar que todos/as os/as atletas deberán inscribirse para esta carreira independentemente de que figuren como participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto as persoas propietarias, ás que soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira.

Unha proba para todo o mundo

A carreira está pensada para o goce de todos, así inclúe diferentes lonxitudes de percorrido en función das diferentes categorías.

categoría

hora

distancia

Pre-benxamín

17:15

150 m aprox

Benxamín feminina

17:30

800 m aprox

Benxamín masculino

17:40

800 m aprox.

Alevín feminina

17:55

800 m aprox.

Alevín masculino

18:10

800 m aprox.

Infantil masculino

18:25

1.600 m aprox.

Infantil feminina

18:40

1.600 m aprox.

Cadete fem. e masc.

19:00

2.300 m aprox.

Xuvenil fem. e masc.

19:20

2.300 m aprox.

Absoluta

21:15

6.590 m aprox.

A Torre de Hércules e a súa contorna

Sabías que a Torre de Hércules é o único faro romano que se mantén en funcionamento desde a súa construción? Sabías que pertence á lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco desde o ano 2009? Convidámoste a coñecer máis do noso faro na súa web www.torredeherculesacoruna.com. Sen dúbida, achegarse á Torre de Hércules é viaxar ao pasado, é viaxar a mundos mitolóxicos, é viaxar á arte. Unha visita imprescindible.

A contorna da Torre de Hércules é unha extensión percorrida por carreiros sinalizados, limitada por praias e cantís bañados polo océano Atlántico. Este grande espazo natural en plena cidade serve de lugar de lecer para as persoas visitantes, moitas das cales o aproveitan para a práctica do deporte.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión