Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2018

A décima edición de Coruña21 ofrecerá unha serie de servizos a todas e todos os participantes

A décima edición de Coruña21 ofrecerá unha serie de servizos a todas e todos os participantes para garantir a máxima satisfacción das persoas corredoras antes, durante e despois da competición

No seguinte espazo web está dispoñible a lista coa serie de servizos que o Concello ofrece para facilitar a participación das e dos usuarios, que contarán cun servizo de gardarroupa e de duchas ao finalizar o percorrido, ademais de asistencia médica e avituallamento, tanto na meta como durante o trazado do circuíto cuxos puntos, segundo as normativas da IAAF, se situarán a partir do quilómetro cinco e, aproximadamente, cada cinco quilómetros.

http://www.coruna.gal/carreiraspopulares/gl/coruna21/servizos-ao-corredor

Outro dos aspectos para destacar son os adestramentos gratuítos que ofrece o Concello da Coruña en colaboración co Club Hércules Termaria. As datas, forma de participación e regulamento pódense consultar desde o espazo Servizos ao corredor.

Xa o propio 18 de febreiro, os corredores e corredoras dispoñerán de cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba. Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintivo.

Os/as participantes declaran, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lles permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e eximen a organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión