Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de agosto de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición da VI Carreira Popular Ventorrillo, que se celebrará o 23 de setembro

A proba, que pasará pola Gramela, Penamoa e A Silva, pechará a sexta tempada do circuíto municipal Coruña Corre

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar na VI Carreira Popular Ventorrillo. A cita deportiva terá lugar o domingo 23 de setembro e suporá o peche da sexta edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. A proba da categoría absoluta, que comezará contra as 10.30 horas, presenta un circuíto de 5.585 metros con dúas voltas que combina treitos de asfalto con terra.

A saída e lugar de meta estará na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruzamento con Alcalde Salorio Suárez. O grupo que participe na proba absoluta percorrerá, ademais do barrio do Ventorrillo, os lugares da Gramela, Visma, Penamoa e A Silva. No caso das carreiras de menores, que compartirán saída e meta, as probas desenvolveranse por Penamoa e A Silva, agás no caso da categoría prebenxamín, cuxos 100 metros serán no Ventorrillo.   

A data límite de inscrición, que se pode formalizar a través da páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares, será o mércores 19 de setembro ás 23.59 horas.  Os dorsais poderanse recoller tanto o sábado 22, de 11.00 a 20.30 horas, como o propio día domingo 23, desde as 09.00 horas até unha hora antes de cada carreira, no local da Asociación veciñal do Ventorrillo, na rúa Alcalde Salorio Suárez, 26. Tanto o servizo de gardarroupa como o de duchas estará dispoñible no polideportivo municipal da rúa Alcalde Peñamaría de Llano.

Documentos:

Plano circuíto absoluta (593 KB)

Plano circuíto menores (2 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión