Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de decembro de 2017

O Concello abre o prazo de inscrición para participar na III Carreira Popular de Matogrande, que se celebrará o 14 de xaneiro

Todas as persoas interesadas en puntuar no circuíto Coruña Corre deberán formalizar a súa participación antes do 10 de xaneiro

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar na terceira das probas do circuíto Coruña Corre desta tempada. Tras visitar os barrios dos Rosales e Novo Mesoiro, a serie de carreiras populares achegarase o 14 de xaneiro a Matogrande para celebrar a terceira edición dunha proba que percorre, fundamentalmente, tanto o barrio como a rede viaria do Campus de Elviña. Así, a  carreira da categoría absoluta, que comezará ás 10.30 horas, terá a súa saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura co Colexio Liceo La Paz, e o seu trazado continuará por Juan Díaz Porlier, Enrique Mariñas Romero e Montes ata chegar á avenida da Universidade, onde o grupo rodeará distintas facultades antes de iniciar a volta cara a Matogrande. Será un circuíto de 6.625 metros que suporá o inicio das probas populares do ano que vén e, á vez, a cita previa ao Medio Maratón Coruña21, que se celebrará o 18 de febreiro e cuxo prazo de inscrición xa está aberto.

Todas as persoas que desexen participar nesta III Carreira Popular de Matogrande --tanto as que xa estean apuntadas no circuíto como as que non-- poderán formalizar a súa inscrición até as 23.59 horas do mércores 10 de xaneiro a través da web www.coruna.gal/carreiraspopulares ou de forma presencial na oficina de Viaxes El Corte Inglés en avenida de Rubine, nº 3-5, de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Para as persoas que non formen parte de Coruña Corre, a súa cota de inscrición será de 2€ --agás para as e os menores de idade, que é gratuíta-- mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será de 1€. Os dorsais poderán recollerse no Colexio Liceo La Paz o sábado 13 de xaneiro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o propio domingo 14 de xaneiro ata unha hora antes do inicio de cada carreira. No recinto escolar, ademais, situarase tamén o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.00 horas. Toda a información sobre as probas das diferentes categorías e os seus horarios de saída, sistema de clasificación e premios está dispoñible no regulamento da proba, que se pode consultar, ao igual que o do Circuíto, no web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares

Inscrición Circuíto Coruña Corre

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que continúa aberto o prazo de inscrición para participar no Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre e que, para poder puntuar neste, será necesario participar en 5 das 7 probas da serie. Deste xeito, todas as persoas interesadas que aínda non formen parte do programa e desexen puntuar nesta edición, terán até as 23.59 horas do 10 de xaneiro --o día de peche de inscrición da carreira de Matogrande-- a oportunidade de formalizar a súa participación. Os prezos deste ano son os mesmos respecto as últimas dúas tempadas, 10€ para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para as e os menores de idade, e 7€ para o colectivo con bonificación --persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove--.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión