Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2018

O Concello activa un dispositivo de tráfico este domingo co gallo da celebración da III Carreira Popular de Matogrande

A terceira edición da proba será a máis númerosa, con máis de 1.830 persoas inscritas. Os dorsais poderanse recoller no Colexio Liceo La Paz mañá, sábado 13, de 11.00 a 20.30 horas, así como o propio día 14 ata unha hora antes do inicio de cara carreira

O goberno local despregará o vindeiro domingo, día 14, un dispositivo de tráfico co gallo da III Carreira Popular de Matogrande, que contará coa participación de 1.838 persoas. Será a máis numerosa das tres edicións celebradas até o momento no barrio, e coincidirá, ademais, co festexo do 50 aniversario do Colexio Liceo La Paz, que colabora na organización do evento deportivo. A celebración da proba provocará cortes na circulación dos vehículos na zona e limitacións no estacionamento, ademais da supresión da parada de taxis e de autobús na glorieta interior do barrio en Juan Díaz Porlier, desde as 10.00 até as 12.30 horas deste domingo.

A proba absoluta, que comezará ás 10.30 horas, e que conta con 1.154 atletas na lista de inscricións, terá a súa saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura co Colexio Liceo La Paz. De cara á preparación da carreira e colocación dos elementos da meta, desde as 20.00 horas do sábado 13, non estará permitido o estacionamento na rúa Sebastián Martínez Rico, que se cortará ao tráfico na zona da saída, fronte ao Liceo, desde as 07.00 até as 13.30 horas do domingo. O corte no percorrido do circuíto da carreira absoluta, cuxo trazado comprende uns 6.625 metros, producirase desde as 10.00 ata as 11.15 horas. O tráfico desviarase da estrada de Pocomaco --sentido Alfonso Molina-- cara á glorieta das pontes xemelgas - Glasgow, e manterase en todo momento a circulación Alfonso Molina -- Estrada de Pocomaco. En relación ao percorrido que se verá afectado pola celebración de carreiras de menores, que terán lugar de 11.35 horas a 12.45 horas, realizaranse cortes á circulación nas rúas Sebastián Martínez Risco, Juan Díaz Porlier e Carlos Martínez-Enrique Mariñas, nas que non se poderá desaparcar até a finalización das probas.

Os dorsais para a III Carreira Popular de Matogrande poderanse recoller no Colexio Liceo La Paz mañá sábado, 13 de xaneiro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o domingo 14 ata unha hora antes do inicio de cada carreira. No propio equipamento escolar estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.00 horas. Para máis información sobre esta e outras probas do circuíto Coruña Corre, pode visitarse a páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Documentos:

Matogrande 2018 - Carreira categoría absoluta (1 MB)

Matogrande 2018 - Carreiras categorías inferiores (737 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión