Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2018

O Concello despregará este domingo un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración do X Medio Maratón Coruña21

O desenvolvemento da carreira conlevará modificacións nas liñas e paradas tanto do transporte público urbano como do interurbano

O vindeiro domingo, 18 de febreiro, terá lugar a celebración do Medio Maratón Coruña21, proba que chega a súa décima edición, e que contará coa participación de máis de 1.800 atletas. A carreira, que comezará ás 10.00 horas, terá a súa saída e meta no Cantón Grande e conta cun circuíto de 21.097,50 metros de dúas voltas, deseñado entre Os Pelamios e Oza. Co gallo desta proba, que o Concello despregará un dispositivo especial de tráfico para facilitar a mobilidade da veciñanza no termo municipal durante o desenvolvemento da mesma. Neste sentido, recoméndase evitar, na medida que sexa posible, o uso do vehículo privado nas zonas afectadas e, de ser necesario, aconséllase a circulación polo Paseo Marítimo así como empregar a Ronda do Real Club Deportivo como vía de entrada e saída da cidade.

Os primeiros cortes produciranse desde as 06.30 horas da mañá na zona dos Cantóns, para a montaxe da saída e meta da carreira. Así, até as 14.30 horas, non se poderá circular desde a praza de Mina até o Parrote. No sentido saída da cidade, o tráfico desviarase cara á praza do Emigrante e túnel do Parrote, mentres que no sentido entrada, desviarase desde a Praza de Mina cara Juana de Vega. A partir das 07.30 produciranse tamén cortes nalgúns tramos da AC-11 e AC-12. Na AC-11, manterase a conexión Alfonso Molina - Avenida do Porto deixando un carril para canda sentido de circulación desde o viaducto até a Delegación do Goberno. No caso da AC-12, na avenida da Pasaxe cortarase o tráfico de entreada desde o CHUAC, desviándose cara ao enlace con Casablanca e mantendo permeabilidade para acceso ao Porto. Finalmente, desde as 09.30 horas e até as 12.30 horas, o Concello procederá a cortar totalmente o tráfico no percorrido do circuíto de Coruña21. Así, non se poderá circular no Paseo Marítimo, desde o Castelo de San Antón até o Cemiterio de San Amaro --impedindo o acceso desde a glorieta de Adormideras e Veramar, aínda que haberá un carril de acceso cara a Veramar para permitir a salida dos garaxes--, e o tráfico de entrada polo túnel da Mariña desviarase cara o túnel de María Pita, previa inspección de vehículos de exceso de gálibo. Ademais, manterase a conexión de saída desde Mestranza cara a praza do Emigrante e túnel do Parrote. Nesta zona suprimirase o estacionamento tanto na praza do Emigrante coma no Paseo Marítimo desde Veramar até o Hospital Abente y Lago, mentres que no treito desde Veramar até a glorieta de Adormideras estará prohibido desparcar. Os cortes e desvíos tamén afectarán a outras zonas do circuíto. Cambiarase o sentido de Santa Catalina cara a San Andrés para pemitir a saída de Durán Loriga, e en Linares Rivas --vía na que estará prohibido desaparcar-- habilitarase un carril, proximo ás casas, para permitir a saída dos garaxes. Manterase tamén un carril desde Cigarreras cara a Ramón y Cajal, respectando o acceso á Casa do Mar, e cortarase o vial do porto entre a Casa do Mar e Oza, permitíndose só a entrada e saída ao porto nas dúas glorietas. Nesta zona, suprimirase tamén o estacionamento na avenida do Exército, desde a Casa do Mar até a glorieta con Ronda de Outeiro, e non se poderá desaparcar de Primo de Rivera.

Transporte público

O servizo de autobuses público tamén verá modificado a ruta ordinaria de distintas liñas pola posta en marcha deste dispositivo especial de tráfico. A partir das 09.30 horas, hora prevista do corte do tramo entre a Casa do Mar e Porta Real, as liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A, procedentes de Catro Camiños e con dirección Porta Real, desviaranse cara Enrique Hervada, Castiñeiras, viaducto de Alfonso Molina, praza de Ourense, avenida do Porto, túnel de María Pita e praza das Atochas. Desde alí, as liñas 5 e 17 continuarán por Orillamar, mentres que as liñas 1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A circularán por Metrosidero cara ao hospital Abente y Lago, desde o que circularán cara ao túnel do Parrote, avenida do Porto --vía na que se instalarán paradas provisionais en ambos sentidos de circulación, nas proximidades do Kiosco Alfonso--, praza de Ourense, avenida de Alfonso Molina, Pajaritas e Catro Camiños, punto no que recuperarán o seu itinerario habitual. As liñas 1 e 17 entre Catro Camiños e Os Castros, ao non poder circular pola Palloza e a Avenida do Exército, transitarán pola avenida de Oza. Polo mesmo motivo, a liña 14, desde Os Castros cara a Catro Camiños, circulará pola mesma avenida..

Pola súa banda, as liñas 21, 22 e 24, desde Catro Camiños, circularán por Castiñeiras, Federico Tapia e praza de Galicia, para situar en Juan Florez 10 a cabeza de liña --punto, ademais, no que o 22 e o 24 recuperarán o seu itinerario--. No caso do 21, continuará por Juan Flórez cara a San Pedro de Mezonzo, Catro Camiños e Ramón y Cajal, vía na que se reincorporará a súa ruta.

Finalmente, as liñas 3 e 7, desde Santa Catalina, continuarán por San Andrés, rúa Alta, Paseo Maritímo, rúa Hospital, Campo da Leña e Orillamar, onde recuperarán o seu itinerario. A liña 3A, no sentido Adormideras - Os Rosales, continuará desde Campo da Leña por Panadeiras, San Andrés e praza de Pontevedra.

Autobuses interurbanos

A realización da proba tamén afectará ás liñas de autobuses interurbanos, xa que non estarán operativas as paradas de Entrexardíns e praza de Ourense. Así, a parada da Costa da Palloza agrupará ambos sentidos de circulación dos autobuses, tanto de entrada como de saída. Deste xeito, o itinerario do transporte será o seguinte: praza da Palloza, Cigarreras, Avenida do Exército, Ramón y Cajal e Estación de Autobuses.

A afección, que inclúe o corte dos Cantóns e da avenida da Mariña, tamén suporá modificacións no itinerario habitual da liña que chega ao aeroporto de Alvedro, polo que esta transitará, desde praza de Ourense, por avenida do Porto, túnel da Mariña, túnel de María Pita, praza das Atochas, avenida do Metrosidero, Mestranza, praza do Emigrante, túnel do Parrote, túnel da Mariña, avenida do Porto, Linares Rivas --viaducto en sentido contrario-- e Alfonso Molina.

Documentos:

Mapa Coruña21 (1003 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión