Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2017

O Concello establece este domingo 23 un dispositivo especial de tráfico pola celebración do maratón Coruña42

A proba deportiva, e a celebración da carreira popular de 10 Km, que se celebra de forma simultánea, provocará modificación dos traxectos das liñas 1,1A, 2, 2A, 3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11, 17, 21, 22, 23, 23A e 24

A Concellería de Mobilidade Sostible informa do dispositivo de tráfico que se establecerá este domingo, día 23, con motivo da celebración da carreira C42, o VI Maratón Atlántica, que transcorrerá, desde as 08.30 horas, entre os Cantóns, o estadio de Riazor, a enseada marítima e a zona do porto ata Oza, con meta na praza de María Pita, e que provocará restricións no tráfico, polo que o Goberno local recomenda empregar a Ronda do Real Club Deportivo como vía de entrada e saída da cidade. Así, desde as 5.30 e ata as 14.30 horas quedarán cortados ao tráfico os Cantóns, desde Ambrosio Feijóo ata Praza de Mina. Ademais, desde as 8.00 e ata as 13.15 horas procederase ao corte total de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Modesta Goicouría e o Paseo Marítimo (entre a glorieta da Casa dos Peixes ata a das Esclavas), así como da rúa Manuel Murguía desde as Esclavas ata Almirante Lángara. Como desvíos para eludir o percorrido da proba nestes puntos habilitarase o dobre sentido do túnel da praza de Pontvedra, para permitir a conexión de San Andrés con Juan Flórez e Francisco Mariño a través de Duran Loriga, poñendo dobre sentido ata a rúa Hortas. Ademais, cambiarase o sentido da rúa Santa Catalina cara a San Andrés. Nos Cantóns permitirase a saída de vehículos do párking na saída do Obelisco, para virar a dereita a contramán cara a Santa Catalina.

A celebración do maratón, que coincide tamén coa proba popular de 10 km -que sairá do Cantón grande ás 08.45 horas- suporá igualmente o corte de praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera e a avenida do Exército (ata a glorieta de Oza) entre as 08.00 e as 14.00 horas, así como a estrada do Porto. Para permitir percorridos alternativos, habilitarase un carril para cada sentido de circulación desde Praza de Ourense ata o viaduto de Alfonso Molina pola calzada do lado do porto. Ademais, o tráfico de entrada procedente da avenida da Pasaxe desviarase á glorieta de Casablanca, con paso polo túnel dos Castros aberto de forma exclusiva aos vehículos que van ao Porto. Do mesmo xeito, o tráfico de entrada do túnel de Eirís desviarase á glorieta de Casablanca. Para realizar estes percorridos manterase aberto un un carril, en sentido saída da cidade, desde Primo de Rivera cara a Ramón y Cajal, e o mesmo desde rúa Fontán e Padre Feijóo cara a Alfonso Molina.

Proba popular de 10 km

Igualmente, con motivo da celebración, de forma simultánea ao maratón, da proba popular de 10 km, entre as 08.30 horas e as 10.15 procederase ao corte total do Paseo Marítimo, desde o Castelo de San Antón ata o IFP de Monte Alto (antes da glorieta da Casa dos Peixes). O acceso ao túnel do Parrote quedará pechado desde As Ánimas, sentido saída da cidade, manténdose o sentido entrada, e habilitarase un carril con tráfico alternativo para acceder desde As Ánimas ao Oceanográfico. Ademais, darase tráfico alternativo na rúa García Canzobre (Residencia Torrente Ballester) para entrada e saída de Adormideras cara á avenida de Navarra.

Estacionamento

O estacionamento quedará restrinxido nos dous lados de Modesta Goicouría, e na avenida Pedro Barrié de Maza entre Pasadizo do Orzán e a rúa Sol, e no Hotel Meliá María Pita. Igualmente, estará vetado o estacionamento en Juana de Vega e praza de Mina, mentres que en Linares Rivas si se poderá aparcar, ao igual que en Primo de Rivera (e moverse cara á Palloza). Na zona do avenida do Exército estará permitido aparcar en moverse cara a Ramón y Cajal (do lado da Fábrica de Tabacos ata Casa do Mar) pero non na beira oposta, de xeito que non se poderá aparcar na estrada do Porto ata a Palloza, tampouco en Ramón y Cajal ata rúa Río Monelos ou na rotonda da avenida do Porto coa Rolda de Outeiro nin esta última vía neste treito. Do mesmo xeito, quedará restrinxido o estacionamento na avenida do Porto, desde a avenida do Exército ata rotonda de San Diego. As restricións de estacionamento estenderanse durante a mañá tamén na rúa Manuel Casas, na avenida do Porto na contorna do edificio de Correos, e Ambrosio Feijóo.

Como advirten desde a Concellería de Mobilidade Sostible, nas zonas de estacionamento que estean dentro do percorrido impedirase desaparcar durante a celebración do evento, salvo que exista un carril habilitado nese punto, ou se sinalice expresamente a súa prohibición, como en Juana de Vega, Modesta Goicouría. Do mesmo xeito, durante a proba non se poderá retirar  vehículos estacionados na rúa do Matadoiro (desde Rúa Cantábrico ata Santa Teresa), na praza do Reloxo das Lagoas, entre as Esclavas e Almirante Lángara ou no pazo dos Deportes, de onde se deberá saír cara á avenida da Habana.

Buses e taxis

A celebración da proba deportiva causará tamén afeccións ao servizo de buses urbanos naquelas liñas con destino ao hospital Abente y Lago ou a Monte Alto, que deberán circular ata Catro Camiños para continuar por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense e avenida do Porto -onde se colocará unha parada provisional en cada sentido de circulación á altura da rúa Entrexardíns-, para continuar polo túnel de María Pita até a praza das Atochas. No caso das liñas 1,1A, 2, 2A, 23 e 23A, circularán a partir deste punto pola avenida do Metrosidero, Maestranza e Abente e Lago, facendo parada na Praza dás Ánimas e continuando polo túnel de O Parrote cara á avenida do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina e Pajaritas, para regresar a Catro Camiños, desde onde cada liña incorporarase ao seu itinerario habitual, coa excepción da liña 1, que accederá aos Castros pola avenida de Oza.

As liñas a 3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11 e 17, desde a Praza das Atochas incorporaranse en Orillamar ao seu itinerario habitual. Ao regreso de Monte Alto, desde Campo da Leña continuarán por Baltasar Pardal, Praza das Atochas, Metrosidero, Maestranza e Abente e Lago, baixando cara á Praza das Ánimas para acceder ao túnel do Parrote, Estrada do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina, Pajaritas e Catro Camiños, desde onde a liña 17 continuará pola avenida de Oza cara aos Castros, para recuperar o seu itinerario habitual, mentres que as demais (3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7 e 11) circularán por Castiñeiras, Federico Tapia e praza de Galicia para incorporarse en Juan Flórez, 10, ao seu percorrido.

Ademais, como consecuencia da carreira de 10 Km, que afecta á entrada e saída do polígono de Adormideras, así como ao tramo do Paseo Marítimo comprendido entre o instituto Ánxel Casal e a Torre de Hércules, a liña 3 circulará desde a avenida de Navarra pola Rolda de Monte Alto e avenida de Hércules, para incorporarse ao Paseo Marítimo na glorieta da Casa dos Peixes. A liña 3A circulará desde a glorieta da Casa dos Peixes pola avenida de Hércules, Rolda de Monte Alto e avenida de Navarra para acceder a Adormideras (sempre que as condicións de carreira o permitan). En calquera caso prevese que a partir das 10.00 ou as 10.15 horas queden liberados os accesos e poida recuperarse a circulación e o itinerario habitual das liñas 3, 3A e 5 en Adormideras.

Por outra banda, as liñas 21, 22 e 24, ao non poder acceder a praza de Pontevedra por praza de Ourense e Juana de Vega, desde Catro Camiños transitarán por Castiñeiras e Federico Tapia ata Francisco Mariño, para facer cabeceira en Juan Flórez, 10.

A zona comprendida entre San Andrés, Barrié da Maza, rúa Hospital e Matadoiro non dispoñerá dos servizos de transporte urbano habituais, polo que a Concellería de Mobilidade, en función do lugar no que se atopen as persoas usuarias, dirixirse aos puntos máis próximos, que poden ser: Juan Flórez, 10, avenida do Porto, Campo da Leña, Rúa da Torre ou avenida de Hércules. As persoas que collan o bus 1, 14 e 17 na avenida do Exército deberán, durante a mañá do domingo, trasladarse á avenida de Oza para acceder a estas liñas.

Ademais dos cambios nos itinerarios das liñas de bus, as probas deportivas terán incidencia no funcionamento das paradas de taxi de Modesta Goicouría, que se despraza a Rubine, e dos Cantóns, que se suprimirá ata as 14.30 horas, mentres que as paradads da Casa do Mar e o Paseo da Dársena manteranse operativas.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión